FESTIVAL DAS LETRAS: REVELANDO A XELA

Como todos os anos os centros educativos públicos e concertados do Barco de Valdeorras, xuntamos esforzos para organizar actividades co gallo da Semana das Letras Galegas e, unha vez máis, en colaboración co Centro Comercial Aberto da localidade, asociación, esta última, que agrupa a establecementos comerciais diversos da vila. Revelando a Xela  nace cun xogo de palabras, revelar significa descubrir, aportar luz sobre algo que permanecía oculto pero ao mesmo tempo  facer visible unha imaxe impresa en papel fotográfico. Ambas acepcións sérvennos para os obxectivos deste proxecto: dar luz sobre unha escritora descoñecida pola maioría social, Xela Arias, e, ademais, iluminar a lingua e a cultura galegas, tantas veces na sombra e que tanto precisan desa luz para medrar e despexar camiños; por outra banda a propia poeta conxugou a fotografía coa poesía no seu libro Tigres coma cabalos, e esta era unha dobre  homenaxe.

Pretendíamos así, Revelando a Xela, lograr a máxima difusión das nosas actividades, implicando a toda a comunidade educativa pero tamén fóra do centro. Para iso deseñamos a actividade en dúas vertentes:

A) Para o alumnado dos centros de ensino do Barco: o profesorado dos centros participantes forneceu ao conxunto do alumnado dunha serie de versos da obra de Xela Arias. Cada alumno interpretou de xeito fotográfico, segundo a súa imaxinación e sensibilidade artística, as palabras da poesía de Xela.

Con todas as fotografías  realizouse unha exposición en papel, na entrada do centro, para poder premiar ás dez máis votadas entre  a comunidade educativa.

As dez fotografías premiadas de cada centro, un total 60, formaron parte da exposición que se realizou, como vén sendo costume, nos escaparates dos establecementos do Centro Comercial Aberto.

B) Para toda a cidadanía:quixemos conseguir a participación de toda a vila amosando estas fotografías nos escaparates dos establecementos do Barco e difundindo a actividade en prensa e nas redes sociais.  

O Centro Comercial Aberto premiou os autores e autoras das fotografías o día 8 de xuño na súa sede.

             Outro ano máis, coas dificultades de dinamizar en pandemia e as limitacións que iso nos supuxo- evitar xuntanzas para a preparación e  exposición de todos os traballos dos  equipos nos centros tanto  en  exteriores como na propia aula e non poder formar grupos presenciais en talleres de traballo- estamos  máis que satisfeitos co resultado.

                              Parabéns aos equipos, ao Centro comercial Aberto e aos participantes!

Pistoletazo de saída á campaña deste curso cos representantes dos equipos:

 

 

 

Gañadores do concurso no centro

Gañadores concurso Centro Comercial Aberto cos equipos.Parabéns!

 

AdxuntoTamaño
3.1. Foto festival letras.jpg58.96 KB
3.2. Foto festival letras.jpg55 KB
IMG-20210513-WA0021.jpg58.06 KB
3.3. Foto festival letras.jpg32.26 KB
Breves 8.JPG37.53 KB
Breves 8-FOTO GAÑADORES DO CONCURSO II.JPG50.49 KB
IMG_20210608_171213.jpg62.04 KB

Powered by Drupal - Design by artinet