“Violencia de xénero e o novo contexto dixital", Pantallas Amigas

 Dende Pantallas Amigas achegáronnos ao Barco un obradoiros sobre “Violencia de xénero e o novo contexto dixital", centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión.

 

Pero esta formación que naceu ca misión de achegar o uso de Internet e outras TIC así como o fomento responsable na infancia e adolescencia conseguiu atrapar durante a mañá do venres ao alumnado participante no mesmo que incluso renunciou ao seu tempo de lecer para atender ás explicacións do encargado do obradoiro. 

Este obradoiro está inserto no marco do Plan Proxecta que se desenvolve no centro coa liña Por 365 días de respecto e igualdade organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade e no que participa o alumnado de 3º de ESO.

 

Powered by Drupal - Design by artinet