O alumnado de 3ºESO asistiu o luns pola tarde a unha charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual da man de Angélica Mercado quen lles permitiu poñer voz ás súas propias reflexións e sentir ao mesmo tempo que lles fixo chegar unha dura realidade da sociedade.
Esta charla está inserta no marco do Plan Proxecta que se desenvolve no centro coa liña Por 365 días de respecto e igualdade organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade e no que participa o alumnado de 3º de ESO.