De Pandora á muller do século XXI: Os mitos do amor romántico

O alumnado de 3º ESO rematou a elaboración de paneis desmitificadores sobre os mitos  do amor romántico con motivo da conmemoración do Día Internacional da violencia de xénero ou 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, traballando distintas linguaxes específicas: textual, numérica, icónica, visual e sonoraEsta actividade denominouse “Chíos de muller: Chía por ti, por min, por elas!" nos que desmontaron os mitos por verdades e redacción dun manifesto con motivo da efeméride para a súa lectura na actividade organizada polo Concello de O Barco con motivo de dita efeméride.

Ademais, o noso alumando repartiu no centro lazos que recordaban o día tan simbólico e que portaron nas súas mochilas, roupa ou mesmo estoxos.

 

Esta actividade está inserta no marco do Plan Proxecta que se desenvolve no centro coa liña Por 365 días de respecto e igualdade organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade e no que participa o alumnado de 3º de ESO.

Powered by Drupal - Design by artinet