Quixo a casualidade que durante o primeiro trimestre chegara ao noso centro para facer unha substitución o profesor de Xeografía e Historia e Doutor Daniel Seijas. Daniel é unha persoa con moitas facetas , entre elas a de presentador de Palco de Estrelas , o programa decano das orquestras de Galicia, que emite tódolos xoves (dende 2005) a partir das 20h ata as 4 ou 6 da mañá en Radio Valga 107.9 FM. Ademais de orquestras, hai chamadas en directo, concursos, entrevistas e espazos dedicados á historias, as chamadas "Superproduccións Palco de Estrelas". Daniel é tamén colaborador no programa da TVG + Pachanga: “ coa finalidade de divertir os espectadores da canle pública galega nace “+ Pachanga”, un programa dedicado ao mundo das verbenas para as noites dominicais deste verán, cun formato que aposta pola música e as actuacións das orquestras máis destacadas e míticas do panorama galego” contan na publicidade web do programa. Os alumnos de 1º Bacharelato quixeron interesarse pola traxectoria profesional deste profesor e fixéronlle unha entrevista que a continuación reproducimos. Estivo ben animada!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
thumbnail_IMG_20181128_111311_resized_20190217_051938814.jpg | 18.69 KB |
Grabacion_0009.wav | 19.38 MB |
Grabacion_0010.wav | 17.47 MB |
1-LOGO EDDLG principal.png | 54.77 KB |