Actividades Equipo Dinamización Lingua Galega
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES María Soliño ten entre mans obxectivos como os seguintes:
· Promover o uso da lingua galega no noso Instituto.
· Desenvolver actitudes positivas cara o galego, dignificando o uso da súa variedade dialectal entre o alumnado.
· Presentar unha imaxe renovada da lingua galega, máis moderna e prestixiada, con presenza en ámbitos cultos e tecnolóxicos.
· Implicar a todos os membros da comunidade educativa neste proceso de dinamización lingüística.
· Potenciar ouso do galego como lingua vehicular no maior espazo posible.
· Podes coñecer todo o noso traballo na nosa conta de instagram @solinhodinamizando.
Esperamos as túas suxerencias e apoio!
Podedes consultar aquí a memoria fotográfdica do Equipo de Dinamización da Lingua Galega correspondente ao curso 2021/2022.