Premio Arcebispo Xelmírez
O día 9, o noso centro estivo representado por dous ex-alumnos (Nicolás Martínez Millán e Laura Piñeiro Pais) na entrega dos premios da XV Edición do premio literario Arcebispo Xelmírez organizado polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. O noso Instituto ven colaborando neste interesante proxecto coa participación de alumnado dende o curso 2008-2009. A colaboración consiste na actuación como xurado (xunto con alumnado doutros centros) dos premios de narrativa e ensaio. Para iso, é preciso ler os libros que a organización seleccione, e , logo, acudir a unha xuntanza na que se expón a opinión persoal sobre as lecturas. Finalmente, os alumnos e alumnas que actuaron como xurado, fan a entrega aos premiados (que sempre son autores de gran prestixio) e acuden a unha cea cos mesmos.