Saída didáctica a O Hío
O alumnado de 4ºC realizou, na clase, un traballo sobre a arte, os restos arqueolóxicos, o significado da toponimia e como é e como foi o modo de vida das xentes que alí viven. O día 16 fixemos unha saída andando do Hío ata Donón. Quedamos ás 9 na igrexa do Hío para explicar como era o cruceiro, observar a igrexa e comentar o máis destacado do románico e despois fomos á reitoral. Tras as explicacións, dirixímonos camiñando cara ao Facho por un camiño de lama e pedras, antes de chegar fixemos unha pequena parada para comer algo e por fin chegamos ao santuario de Berobreo, por suposto máis explicacións e marabillosas vistas. Baixamos ata a escultura da caracola, descansamos un pouco e chegou un excursionista máis, continuamos ata Melide e Cabo Home, onde comemos. A viaxe por este paraíso estaba acabando e regresamos a fume de carozo ao Cruceiro do Hío. Na primavera iremos a.....
Alumnado de 4ºC.