Banda deseñada
O luns, 25 de outubro, comezou o Salón do Cómic de Cangas coa chegada ao noso Instituto de David Rubín e Kike Benlloch, para presentar o seu último traballo de banda deseñada titulado Uxío Novoneyra: a voz herdada.
Foi unha charla moi amena e divertida, na que foron explicando a súa maneira de planificar un traballo, tanto no guión, por parte de Kike Benlloch, como no debuxo e distribución da páxina do cómic, por parte de David Rubín.
Para min foi unha charla moi proveitosa, na que puiden resolver dúbidas que tiña dobre a Banda Deseñada, e mesmo coñecer máis curiosidades sobre o mundo do cómic.
Ao final da charla, quedeime falando con David para que me fixera unha caricatura e para ensinarlle os meus debuxos coa intención de que os seus comentarios me axudasen a mellorar. Ademais, pedinlle á miña nai que me trouxera o cómic e conseguín que , tanto David como Kike, me firmaran unha adicatoria.
Para mín son unhas persoas das que podo aprender moito.
Joshua Acuña Martínez / 2ºA-bach.