Proxecto Terra
O 25 e 26 de Maio o alumnado de 2º ESO participou no PROXECTO TERRA (INTERCAMBIO TERRITORIAL DE MELGAÇO). Para desenvolver a actividade tiveron que desprazarse a Portugal. No primeiro día na Porta da Lama de Mouro asistiron a unha visita guiada onde observaron a Exposición “ Ordenación do Territorio” e viron un proxección sobre o Parque Natural de Peneda Gerés. Xa pola tarde, debido o mal tempo non puideron facer o percurso pedestre programado” Castelo e muiños” e fixeron un tour en autobús no que visitaron unha ponte románica, observaron as brandas e inverneiras e remataron no santuario da Virxe da Peneda.
O aloxamento foi na Pousada da Juventude (Melgaço) onde, antes de cear, fixeron distintas actividades deportivas.
No segundo día, un percorrido pola vila de Melgaço e os seus museos: Ruínas arqueolóxicas da Praza da República, Torre de Homenaxe, Museo do Cine e o Espaço Memoria e Fronteira. A volta a pé a Pousada para comer foi pasada por auga que nos acompañou en todo o percorrido.
Remataron a actividade relaxándose nas termas de Monçao.
Actividade moi interesante a ter en conta cara a programación de vindeiros cursos.