Saída ao Salnés
O xoves 13 de maio o alumnado do PCPI e 3º e 4º da ESO de diversificación realizaron no Salnés unha visita guiada, moi interesante, ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura, onde observaron as salas de acuicultura e mergullo. Visitaron de seguido o casco antigo de Cambados con parada especial nas ruinas de Santa Mariña e no Museo do Viño. Despois do xantar en Caldas fixeron unha ruta de sendeirismo no entorno do río Umia.
O profesorado acompañante recomenda realizar esta actividade en vindeiros cursos. Alumnos/as participantes expresaron a súa opinión:
"Foi unha excursión moi entretida: visitamos moitos sitios, as fervenzas do río Umia, o Instituto de acuicultura, onde nos dixeron que lebraramos unha frase – Oxalá a acuicultura non existise –, xa que significaría que non existe sobreexplotación mariña".
"Esta excursión servíunos para saber cousas sobre o Mar no IES de Arousa, visita bastante entretida. Quizais o que máis defraudou foi o Museo do Viño, pero en xeral foi xenial, sobre todo, a ruta de sendeirismo en Caldas de Reis".
"Gustoume moito porque foi moi educativa. Aprendemos cousas de acuicultura que ata agora descoñeciamos. Ademais houbo moi bo rollo entre os compañeiros".