Crónicas da represión lingüística
A exposición segundo a opinión do alumnado:
"A exposición é un percorrido pola historia da represión legal e do desprestixio social do galego desde fins do século XVIII ata os nosos día. Aínda que, fundamentalmente, trata das décadas máis escuras da lingua no século XX, isto é, durante o réxime franquista. Está composta por algo menos de vinte paneis, ordenados cronoloxicamente, comenzando polo XVIII e XIX, pasando polos tempos da guerra civil e o franquismo para acabar na actualidade. Por tanto, consiste en amosar o despresixio e a censura que se lle fixo á nosa lingua. Durante a ditadura podemos observar a represión do noso idioma e as inxustizas que xurdiron coa xente que falaba e defendía o galego. Así, podemos atopar tamén a opinión de persoas que viviron nesa época, ou familiares, represaliados, exiliados, mestres... De verdade é realmente sorprendente como foi aquela época e como o contan esas persoas que o viviron, era moi inxusto que lles impuxesen eses castigos simplemente por falar galego."
"Gústoume moito que aparezan as palabras das persoas que sufriron nas súas propias carnes a represión, porque son as que mellor nolo poden narrar, xa que foi a súa experiencia. A min a situación da lingua interésame e na exposición aparecen distintas fontes de información, sobre todo, noticias e informacións curtas e os testemuños das persoas represaliadas."