Comunicado da Asociación
Podedes contactar coa ANPA do IES María Soliño no seguinte enderezo electrónico, anpaiesmariasolino@gmail.com, ou no teléfono 666191597.
Se queredes información puntual sobre as actividades desenvolvidas pola ANPA do centro, podedes visitar o seu blog clicando aquí para acceder ao seu blog: ANPA O CASTELO.
Saúdos.
XUSTIFICACIÓN DE ASISTENCIA
As familias interesadas poden baixar unha copia do xustificante de aistencia á clase clicando aquí. Lémbrase a necesidade de adxuntar a certificación médica cando sexa requerida.
Grazas.
A ANPA DO IES MARÍA SOLIÑO CONVOCA PARA O 15 DE SETEMBRO DE 2020:
Asemblea Xeral Extraordinaria da ANPA o martes 15 de setembro ás 20 h. coa seguinte orde do día:
Punto único: Elección da nova xunta directiva da ANPA (importante asistencia porque no caso de non haber candidatxs pode desaparecer a ANPA e o autobús de Bacharelato)
Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA o 15 de setembro ás 20:30 h. coa seguinte orde do día:
Punto 1º: Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
Punto 2º: Estado de contas.
Punto 3º: Informe de dirección: Anpa; autobús.
Punto 4º: Rogos e preguntas.
A Asemblea será no patio e, se chove, no pavillón. É obrigatorio o uso de mascarilla, manter a distancia de seguridade e a entrada escalonada.