Autoprotección

 Durante o curso 2006-2007 elaborouse o Plano de autoprotección do noso instituto; neste documento recóllense as características do centro, os planos de evacuación, os protocolos de actuación en caso de emerxencia e as recomendacións de seguridade para as persoas, mobiliario e edificios do centro. Podes descargar a versión completa dese plano (arquivo pdf de 8,52 Mb). Se debido aos cambios que se están producindo na localización do aloxamento das páxinas da Consellería non consegues acceder directamente podes abrir a páxina da web antiga do centro (http://centros.edu.xunta.es/iesmariasolino/webantiga)  e desde ela acceder a "Taboleiro virtual" onde atoparás ese documento.

 No curso 2007-2008 iniciamos a realización de simulacros de emerxencia con tres obxectivos principais:

  • dar a coñecer a todo o persoal do centro os itinerarios de evacuación e a forma correcta de realizala.
  • detectar posibles deficiencias que afecten á seguridade das persoas, do mobiliario ou dos edificios.
  • mentalizar a todo o persoal da necesidade de estar preparados para calquera emerxencia que poida producirse, de xeito que se minimicen os seus efectos.

Este exercicio realizarase todos os cursos escolares.

No documento adxunto atoparás o resumo das instrucións expostas nas aulas.

AdxuntoTamaño
Instrucións para o alumnado na realización dun simulacro367.7 KB