Novidades
|
____________________ LISTA LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025 A Comunidade Escolar do IES María Soliño pode consultar a lista de libros de texto para o vindeiro curso premendo aquí. De existiren dúbidas prégase clarexar as mesmas co Departamento implicado a principios de curso.
LISTAXE PROVISIONAL AXUDAS DE MATERIAL E RECOLLIDA DE VALES.
PAGO DE TÍTULO Todo o alumnado que remata o bacharelato ou ciclo superior deberá de pagar o título. Ademais aquel alumnado que queira solicitar praza nun ciclo superior, coa fin de evitar problemas coa súa solicitude, deberá pagar o título antes de solicitar dita praza.
Pago do título: Cubrir o Impresos datos título e pagar as taxas do título no seguinte enlace pago das taxas do título LOE, onde poderán optar por pagar telematicamente as taxas ou descargar o impreso de taxas para o pago do título LOE para levar ao banco; os códigos para cubrir de xeito axeitado o impreso de taxas para o pago do título LOE poden velos no PDF Instrucións PAGO DO TÍTULO. Unha vez feito o pago do título, hai que entregar o XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO (non o Recibo) xunto coa documentación na secretaría do centro.
IMPRESOS MATRÍCULA CURSO 2024-2025 Quen o precise pode descargar nestes enlaces os impresos de matricula para o curso 2024-2025. Pode matricularse o alumnado do centro con dereito a permanencia e o alumnado que presentou solicitude de reserva ou de admisión en prazo durante o proceso de admisión. Lembramos que o alumnado do centro non necesita descargalos porque se lles dan xunto co boletín de notas.
**O alumnado de 1º da ESO que non estea en posesión do boletín de notas o día 26 de xuño pode matricularse o día 1 de xullo.
ADMISIÓN Á FP. CURSO 2024-2025 Na páxína web https://www.edu.xunta.gal/fp/ xa está colgada a información e os calendariros do proceso de admisión para solicitar praza en ciclos formativos de grado medio e de grado superior para o curso que ven (2024-2025). Vexase taména páxina web https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-curso-2024-2025. O prazo de presenación de solicitude de praza é do 24 xuño ás 9:00 horas ao 4 xullo ás 13:00 horas.
PROBAS EXTRAORDINARIAS CICLO FORMATIVO XUÑO 2024 Os interesados/as poden consultar o horario das probas extraordinarias do Ciclo Formativo premendo aquí. De existiren dúbidas, as mesmas deben aclarase na Xefatura de Estudos.
CONVOCATORIA AXUDA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-25 Publicada a orde para solicitar axudas de material escolar para o curso 24-25. Prazo de presentación: do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024, este último incluído. Para máis información prema nas seguintes ligazóns:
CONVOCATORIA EXTRAORDINAROA 2º BACHARELATO Os interesados/as poden consultar o calendario da convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato premendo aqui. As dúbidas ao respecto deben consultarse na Xefatura de Estudos.
LISTAS ADMITIDOS/AS CURSO 2024-2025 Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para ESO e Bacharelato neste centro en prazo ordinario está admitido para o vindeiro curso 2024/25. No taboleiro de anuncios da secretaría do centro xa están publiacadas as listas provisionais de admitidos/as en ESO e Bacharelato para o curso 2024/2025. FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA. PRAZO: 23 de xuño ao 07 de xullo (antes do 23 de xuño publicaranse nesta páxina días concretos para cada nivel)
PROCESO DE ADMISIÓN (II) CURSO 2024/25
Non é preciso baremar en ningún grupo. As familias poden consultar as listaxes provisionais de admitidos/as no taboleiro do centro o día 25 de abril.
CONVOCATORIA DE BOLSAS DO MEFP PARA O CURSO 2024/25
O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou no BOE do 13/03/2024 o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen o próximo ano estudos postobrigatorios (bacharelato, fpbásica, ciclos formativos e estudos universitarios).
PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO NA MOCIDADE (YAM)
|
|
|||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||
|
Novas anteriores |