No IES María Sarmiento impártense ciclos formativos de catro familias profesionais. Premendo sobre cada unha das imaxes accédese ao folleto informativo do ciclo correspondente. (Detectouse que pode dar problema para visualizalo con Mozilla Firefox pero cos navegadores Microsoft Edge, Google Chrome e Opera funciona correctamente. En todo caso tamén se podería descargar o arquivo pdf e abrilo cun visualizador.)
Os ciclos que se imparten actualmente no centro son (premendo no nome de cada ciclos accédese ao currículo do mesmo) os seguintes:
- Dous ciclos de FP Básica: Mantemento de vehículos e Servizos administrativos.
- Catro ciclos de grao medio: Electromecánica de vehículos automóbiles, Instalacións eléctricas e automáticas, Soldadura e caldeiraría e Xestión administrativa (este último en diurno e en nocturno en réxime modular).
- Tres ciclos de grao superior: Administración e finanzas, Automoción e Sistemas electrotécnicos e automatizados.
Visitando a páxina de cada departamento de ciclos formativos pódese acceder á seguinte información relativa a cada ciclo que se imparte no IES María Sarmiento:
Que se aprende a facer?
En que ámbitos se traballa?
Que ocupacións se desempeñan?
Cales son os módulos do ciclo?
Que título se obtén?
A que outros estudos se pode acceder?
Pódese acceder de forma rápida á páxina de cada departamento a través das ligazóns Administración e xestión, Electricidade e electrónica, Fabricación mecánica e Transporte e mantemento de vehículos.
E a través deste enlace terás acceso á descrición dos ciclos que se poden cursar no noso centro.
Para ter información sobre as saídas profesionais pódese consultar a páxina web SAÍDAS PROFESIONAIS.
Para ter información sobre as saídas académicas pódese consultar a páxina web SAÍDAS ACADÉMICAS.
Para máis información tamén se pode consultar a páxina http://www.edu.xunta.es/fp/