Skip to Content

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO CONVOCATORIA 2023/24

admin3

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 8 de xullo de 2024 para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D),publicada no DOG do 6 de xuño 2024 para alumnado de 4º ESO cunha nota media de ESO igual ou superior a 9.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Achégase unha folla informativa coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes.

a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.  

Servizo de Avaliación do Sistema Educativo
Subdirección Xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional



page | by Dr. Radut