Skip to Content

A MULLER E AS MATEMÁTICAS

O venres 12 de abril, o alumnado de 2º e 4º ESO asistiu a unha charla impartida pola matemática e profesora de estatística na UDC María Amalia Jácome Pumar.

Nela coñeceron a figura de Florence Nightingale, unha pioneira tanto da enfermaría moderna como da estatística, e que foi considerada como a persoa que máis vidas salvou na guerra de Crimea (1853-1856).

Tamén descubriron como é o traballo de investigación en estatística, e cal é a importancia que ten en áreas como a medicina, así como o recoñecemento que teñen as mulleres que están a levar a cabo eses proxectos.

PLANTA POTABILIZADORA "A TELVA"

O alumnado de Economía de 1º de Bacharelato realizou o 2 de abril unha visita a "A Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva"acompañados pola profesora Dolores Rey.
Nesta planta industrial cáptase, decántase, fíltrase e esterilízase a auga procedente do encoro de Cecebre a través do río Mero. Unha vez completado este proceso, a auga impúlsase ás cabeceiras das redes de abastecemento, xa apta para o consumo humano.


Moitas grazas ao persoal pola atención recibida.!

EMPRESA FAMILIAR NAS AULAS

O pasado 12 de marzo  o alumnado de 1º  de bacharelato de Economía e o de 2º de bacharelato de Empresa e Diseño de modelos de negocios asistiron no  noso instituto á conferencia "Empresa familiar nas aulas", organizada polo departamento de Economía grazas á colaboración da Asociación Galega da Empresa Familiar.

 Nesta ocasión, contamos con Bartolomé Pidal , presidente do Grupo Nortempo e Fundación que nos explicou a importancia do papel das empresas familiares no desenvolvemento do noso país. Tamén nos falou dos valores das empresas familiares e dos retos que se presentan para a súa continuidade.


Posteriormente o 14 de marzo a alumnado de 1º de bacharelato visitou as instalacións da empresa Nortempo, explicáronnos todo o traballo que se leva a cabo  nos distintos departamentos e o alumnado realizou unha práctica dun proceso de selección de persoal.
 

 

Grazas a Bartolomé Pidal   e o personal de Nortempo por achegarnos a súa experiencia  e por toda a súa atención!

ESTREA DE XADREZ XIGANTE NOS IDUS DE MARZO

Estreamos na IV edición do campionato de xadrez do noso centro un xadrez xigante e taboleiro exterior. Esta semana foi onde a nosa rapazada desprega todas as súas habilidades xadrecistas na biblioteca e nesta edición tivemos na entrada exterior do centro o escenario da final da ESO e de Bacharelato, final á que chegaron os que manexaron mellor as súas destrezas neste xogo milenario. Nesta IV edición os gañadores foron Raziel Mendoza na categoría de ESO e Sebastián López na de Bacharelato.

 


No xadrez, como na vida, a mellor xogada é sempre a que se realiza.

S. Tarrasch, Clásico do Xadrez.

Finalistas ESO

               Finalistas Bacharelato

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO PARA O ALUMNADO DE 2º DE ESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da Avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º de EP e 2º curso de ESO. 

No caso de Galicia, terán lugar os próximos 10 e 11 de abril

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

CONVOCATORIA DE BOLSAS 2024-2025

Os alumnos e alumnas que vaian a cursar estudos postobrigatorios poden solicitar estas axudas dende o 19 de marzo ata o 10 de maio a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes.
(https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2076)

Para máis información descarga o documento

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: CHARLA UDC

A través  do programa "Entra no futuro", o  alumnado  de 1º Bacharelato participou nunha charla informativa moi interesante sobre a oferta dos estudos e diferentes actividades que se poden realizar na UDC.

Esta charla foi impartida o martes 19 de marzo por Dna. Carolina Rosende Bautista, profesora do grao de Podoloxía da UDC.

XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

O xoves 14 de de marzo pola mañá visitamos a III Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato acompañado do seu profesorado titor, a vicedirectora e a orientadora do centro.

O alumnado tivo a oportunidade de recoller información e orientación académica e profesional  de diferentes entidades entre as que se atopaban Universidades, centros de FP, escolas públicas e privadas (hostelería, finanzas, pilotos e azafatas, imaxe e son, artes gráficas, escolas de deseño, …), academias de oposicións, Forzas Armadas e residencias universitarias, etc.

Este encontro estivo organizado polo departamento de Ensino do Concello de Oleiros coa colaboración do Centro Municipal de Formación, as Casas da Mocidade e os departamentos de orientación dos catro centros públicos de ensinanza secundaria existentes no Concello de Oleiros.

   

 

ACREDITACIÓN DIXITAL DO ALUMNADO

No marco da Estratexia Educación Dixital 2030 e do Marco galego de competencias dixitais, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar unhas instrucións para a acreditación dixital do alumnado de 4º ESO e 2º BACH.

 A) Niveis de acreditación. Iniciación e Intermedio.

 B) Modalidades de acreditación:

  •    O alumnado de 4º de ESO que obteña o título de graduado en ESO obterá o nivel de iniciación de xeito automático.
  •    O alumnado anterior poderá acreditar o nivel intermedio a través dunha proba específica.
  •    O alumnado de 2º BACH que obteña o título de bacharel acreditará as áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio de xeito automático.
  •    O alumnado que obteña o título de bacharel pode acreditar, a través dunha proba específica, a área de dominio 4 e terá a acreditación completa do nivel intermedio.
  •  O alumnado que titule sen superar a proba específica ou que non titule e supere a proba específica poderá solicitar un documento que acredite os coñecementos das áreas de dominio superadas.

 C) Solicitude de inscrición nas probas específicas:

  •  Lugar: Secretaría do centro
  •  Modelo de solicitude: Anexo IV (facilitado polo centro)
  •  Autorización dos proxenitores para menores de idade.
  •  Prazo límite de presentación das solicitudes: xoves 14 de marzo, ás 12:30 horas.

 D) Validez da acreditación: 5 anos.

 E) Realización das probas: 4º ESO, mes de maio / 2º BAC, mes de abril.

 F) Duración da proba específica: Nivel intermedio, 90 minutos / Área de dominio 4, 20 minutos.

A profesora coordinadora das probas informará presencialmente do procedemento ao alumnado.

 Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42513

No seguinte enlace podes acceder a unha demo para ver o tipo de proba de nivel intermedio https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/demo/examen/4036/pregunta/1/popup

 

SAÍDA Á DOMUS

No día internacional da muller (8 de marzo) a rapazada de FP (1° e 2°) foi á casa do home (a Domus). 

Distribuir contido


by Dr. Radut