Estreamos na IV edición do campionato de xadrez do noso centro un xadrez xigante e taboleiro exterior. Esta semana foi onde a nosa rapazada desprega todas as súas habilidades xadrecistas na biblioteca e nesta edición tivemos na entrada exterior do centro o escenario da final da ESO e de Bacharelato, final á que chegaron os que manexaron mellor as súas destrezas neste xogo milenario. Nesta IV edición os gañadores foron Raziel Mendoza na categoría de ESO e Sebastián López na de Bacharelato.
No xadrez, como na vida, a mellor xogada é sempre a que se realiza.
S. Tarrasch, Clásico do Xadrez.
Finalistas ESO |
Finalistas Bacharelato |