blogue deanabelenfernandezporral
Convocatoria ordinaria ABAU: datas e documentación
Enviado por anabelenfernand... o Mér, 20/05/2020 - 10:32A CIUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publica na súa web a convocatoria ordinaria da ABAU 2020. Aquí podedes consultar as datas importantes e a documentación para a matrícula na ABAU. PREME en "Leer máis" para acceder a toda a información.
Como reclamar as notas na ABAU?
Enviado por anabelenfernand... o Mér, 20/05/2020 - 10:19Cando publiquen as cualificacións, o 16 de xullo, se non estás conforme, dispós de tres días para presentar unha solicitude de revisión en NERTA. Indicamos a continuación a información sobre o procedemento de revisión.
Solicitude de revisión: poderase solicitar a revisión da cualificación obtida nun ou varios exames, no prazo de tres días hábiles a partir da publicación das cualificacións.
Prazo de solicitude de revisión: do 17 a 21 de xullo a través da aplicación informática NERTA. Ata as 14:00 h do 21 de xullo.
Procedemento de revisión das cualificacións: consiste nun proceso único que consta de tres fases. Cada exame pasará por unha primeira (P) e segunda (S) corrección e, en función do resultado, pasará a unha terceira (T) revisión.
Normas de realización das ABAU e material permitido
Enviado por anabelenfernand... o Mér, 20/05/2020 - 10:14Adxúntase documento en pdf onde se poden consultar as consideracións e normas a ter en conta para a realización das ABAU así como o material permitido nas probas.
¿Qué quiero estudiar? - Guía 2020, A Voz de Galicia
Enviado por anabelenfernand... o Lun, 18/05/2020 - 03:50Compartimos a guía de estudos superiores da nosa comunidade que publicou no día de onte A Voz de Galicia. Nela podedes consultar información sobre os estudos superiores que se indican a continuación, os cales aparecen clasificados por cores segundo a rama de coñecemento para unha fácil identificación:
Grao universitario: a guía aporta información sobre os centros universitarios de Galicia onde se poden cursar, nota de corte de cada universidade, prazas libres no curso anterior de ser o caso, se se trata de dobre grao, materias de Bacharelato que ponderan para cada grao, características e saídas profesionais de cada títulación.
Ciclo superior de Formación Profesional: a guía indica os centros onde se poden cursar, características dos ciclos e saídas profesionais e a nota de corte de Bacharelato se é o caso.
Artes Plásticas e Deseño, Conservación, Arte Dramático e Música: as características dos estudos, centros onde se imparten e as saídas profesionais son algunhas das cuestións ás que podedes botar unha ollada.
Másteres: a guía aporta información sobre as características, número de prazas e universidades onde se imparten.
Ó final do documento tamén se inclúe cuestións relativas ás residencias e becas.
Podedes consultar a guía no pdf adxunto.
Se o preferides, tamén podedes facer búsquedas de forma interactiva sobre os distintos estudos no enlace que se indica a continuación:
Xornadas Virtuais da Universidade de Vigo
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 12/05/2020 - 09:42Compartimos información da Universidade de Vigo, que neste tempo de confinamento levará a cabo unhas xornadas de orientación virtuais, os próximos días 13 e 14 de maio, baixo o nome #ConectaCoaUVigo. Así, deseñou unha serie de accións específicas para manter informados ós centros de secundaria e de FP con respecto ás novidades que se van coñecendo da ABAU e da matrícula, así como sobre a súa oferta formativa e a vida universitaria. Indicamos a continuación as actividades planificadas. Podedes obter máis información de cada unha delas (datas, horarios, programa...), premendo nas mesmas, ou ben despregando o enlace “Leer máis” desta nova. Actividades planificadas:
Xornada de Orientación Universitaria Virtual
Xornada de Portas Abertas Virtual
Orienta: espazo virtual para os equipos de orientación
#ConectaCoSIE (Servizo de Información ao Estudantado)
Para máis información, tamén podedes consultar o apartado dirixido a futuro alumnado de grao da UVigo, premendo nesta ligazón.
Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 07/05/2020 - 14:11A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ofrece a posibilidade de visualizar uns vídeos sobre as súas instalacións e actividades.
Na Escola impártense ensinanzas artísticas superiores nas especialidades de Arqueoloxía, Escultura e Pintura. Para acceder a estas ensinanzas, ademais de ter o título de Bacharelato, é preciso superar unha proba específica de acceso. Podedes consultar esta e outra información no tríptico adxunto e na ligazón.
Restablecemento dos procedementos de admisión
Enviado por anabelenfernand... o Mér, 06/05/2020 - 05:45Restablécense os procedementos de admisión do alumnado de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021, tal como se anuncia na Resolución do 5 de maio de 2020 pola que se dá publicidade a diversos acordos do CECOP.
Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 11 de maio ao 18 de maio de 2020
Novos prazos do proceso:
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil, primaria e ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
Guía ciberacoso e confinamento. Como previlo, detectalo e actuar?
Enviado por anabelenfernand... o Ven, 01/05/2020 - 18:10O 2 de maio conmemórase o Día mundial contra o acoso escolar. Nesta ocasión coincide con unhas circunstancias un tanto especiais, pois atopámonos en confinamento e os rapaces/as non acoden ós centros escolares. Sen embargo, isto non quere dicir que as situacións de acoso non se poidan producir, senón que estas poden pervivir a través de internet e as redes sociais.
Aldeas Infantiles SOS alerta dos riscos do ciberacoso durante o confinamento e publica unha guía onde indica unha serie de pautas para a sua prevención, detección e actuación. A guía, moi recomendable para as familias, tamén indica algún que outro consello para os fillos/as. Accede á guía na ligazón.
ABAU 2020: Modelos de exames
Enviado por anabelenfernand... o Mér, 29/04/2020 - 04:25A CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) publica na súa web os modelos de exame para as probas da ABAU neste ano 2020, como medida para non perxudicar ó alumnado logo da suspensión das clases presenciais por mor da crise sanitaria, e tendo en conta as disposicións normativas xurdidas nas últimas semanas a consecuencia do estado de alarma.
Consulta os modelos de exame premendo na ligazón.
Instruccións para a realización da FCT - Curso 2019/2020
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 26/04/2020 - 07:02A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ven de publicar nos últimos días a Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial. A resolución contén instruccións específicas para o desenvolvemento da FCT.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- seguinte ›
- última »