Skip to Content

Prácticas

Práctica 11. Introducción á disección de órganos.

Este 10 de Maio o alumnado de primeiro curso e o profesorado de STEMBach asistiron a unha introducción práctica á disección de órganos, impartida pola profesora en bioloxía do IES Ánxel Fole Lourdes Novoa Álvarez.

Observaron a anatomía externa de diferentes tecidos e órganos, do pulmón, da  tráquea, do esófago, da epiglote e do corazón. Deste músculo viron a anatomía externa (aurículas, ventrículos, arterias e venas) e interna (válvula mitral, tricúspide, semilunar…). Distinguiron as tres capas deste órgano vital: pericardio, endocardio e miocardio e as súas funcións. Finalmente, repasaron as causas de importantes enfermedades relacionadas co aparato circulatorio: soplos, infartos, ictus, tromboses, varices, insuficiencias renais, hipertensión, etc. 

Álbum: Sen categoría -> 23 Disección

Práctica 10. Placas Arduíño II.

Este 19 de Abril o graduado en física e alumno do Máster de Formación de Profesorado Camilo López Castro continuou coa impartición do seminario sobre placas Arduíño para alumnado de primeiro curso de STEMBach.

Concretamente, empregaron os diferentes sensores do kit Aqualab de Xuvenciencia, adquiridos polo noso centro. Viron a instalación de diferentes librarías e o funcionamento de diferentes sensores de diferentes parámetros (luz, humidade, temperatura, etc.), necesarios para controlar o crecemento dunha planta.

Álbum: Sen categoría -> 23 Arduino II

Práctica 9. Placas Arduíño I.

O graduado en física e alumno do Máster de Formación de Profesorado Camilo López Castro impartiu este 12 de Abril a primeira parte dun seminario sobre placas Arduíño para o alumnado de primeiro curso de STEMBach. Nesta sesión viron as bases da linguaxe de programación Arduíño e programaron unha luz LED, cun pulsador, e a visualización dunha entrada dun potenciómetro a través do porto serial.
A vindeira semana este alumnado continuará con outra sesión de prácticas con placas Arduíño, impartida polo mesmo docente.

Álbum: Sen categoría -> 23 Arduino I

Práctica 8. Extracción de ADN, PCR, visualización de resultados por fluorescencia e electroforese.

Os docentes da Familia Química do noso IES, Xoán Carlos Rodríguez e Belén Reija supervisaron este mércores 8 de Marzo unha práctica de xenética, empregando o kit DNA-MEAT, adquirido polo noso centro ao grupo de innovación docente XuvenCiencia.

O alumnado de primeiro de STEMBach realizou en primeiro lugar a extracción de ADN mediante o método de Chelex® dunha mostra problema de polo, porco ou bovino. Debido que é necesario incubar a mostra durante 1 hora, a segunda parte desta práctica, a reacción en cadea da polimerasa, PCR, leváronna a cabo empregando mostras extraídas anteriormente polo alumnado de 2° CS de LACC. A continuación, mentres tiña lugar a amplificación do material xenético nun termociclador con tapa termostatizada, o alumnado visualizou os resultados de mostras similares obtidas en días previos, empregando a técnica de fluorescencia molecular, tanto cun transiluminador, así como, mediante o visor de fluorescencia que trae o kit DNA-MEAT. Finalmente, realizaron un xel de agarosa por electroforese e visualizaron un xel obtido por migración polo alumnado de LACC.

Álbum: Sen categoría -> PCR 23

Aplicacións do método de mínimos cadrados ao tratamento de datos experimentais.

Os profesores do departamento de matemáticas do noso IES, José Luis Iglesias e María Macía, impartiron un seminario de estatística aplicada para tratamento de datos experimentais ao alumnado de primeiro curso de STEMbach.

Este 1 de febreiro viron os fundamentos matemáticos da regresión lineal, polinomial, exponencial e potencial empregando o método de mínimos cadrados. Recordaron os exemplos de axustes lineais e non lineais xa vistos para os datos obtidos por eles mesmos e viron a súa análise matemática. 

Álbum: Sen categoría -> matemáticas 23

Práctica 7. Microscopia.

Este mércores 25 de xaneiro, o alumnado de primeiro curso de STEMbach realizou a práctica de microscopia óptica consistente na observación ao microscopio de organismos acuáticos, concretamente de cianobacterias (Microcystis Aeruginosa), paramecios e microalgas. Así mesmo, tamén observaron ao microscopio bacilos de iogur e células de cebola.

Esta práctica levouse a cabo baixo a supervisión dos docentes do noso IES, Ana Rodríguez López e Xoán Carlos Rodríguez.

Álbum: Sen categoría -> Microscopia
Distribuir contido


by Dr. Radut