Skip to Content

Índice, Conferencias, Eventos, Prensa, Prácticas

Actividade:

Exploración tripulada dos últimos confíns do planeta. Baixada á foxa das Marianas.

Este 5 de Xuño de 2023 o enxeñeiro aeronáutico Héctor Salvador presentou as dificultades que atoparon para baixar á profundidade maior dos océanos terrestres, a foxa das Marianas, de case 11 km de profundidade, para alumnado STEMBach e outros grupos.

Este lucense comentou as dificultades do deseño dos submarinos de que dispoñen na súa empresa, situada en Barcelona, dende onde impartiu a charla. Presentouse como un explorador que en cada descenso descobre novas especies e accidentes xeográficos do noso planeta que bautizan. Rematou intentando concienciarnos de empregar menos plásticos para evitar que estes cheguen antes ca nós a sitios coma a foxa das Marianas.

Álbum: Sen categoría -> 23 Hector Salvador

A revolución da ciencia pospandemia.

Este 24 de Maio o alumnado de primeiro curso e o profesorado de STEMBach asistiron dende o salón de actos do noso IES a unha videoconferencia impartida pola Doutora Sonia Villapol dende Houston.
A neuriocientífica lucense avanzou contidos dun libro que próximamente publicará Xerais, no que conta a revolución que supuxo aplicar a tecnoloxía de nanoencapsulación das vacinas do COVID para tratar danos cerebrais. A tamén divulgadora científica presentou diferentes datos en células in vitro e probas en ratos. En primeiro lugar expuxo os resultados de encapsular CRISPR para tratar danos cerebrais e por último presentou a nanoencapsulación de dexametasona como antiinflamatorio.

Álbum: Sen categoría -> 23 Villapol

Práctica 11. Introducción á disección de órganos.

Este 10 de Maio o alumnado de primeiro curso e o profesorado de STEMBach asistiron a unha introducción práctica á disección de órganos, impartida pola profesora en bioloxía do IES Ánxel Fole Lourdes Novoa Álvarez.

Observaron a anatomía externa de diferentes tecidos e órganos, do pulmón, da  tráquea, do esófago, da epiglote e do corazón. Deste músculo viron a anatomía externa (aurículas, ventrículos, arterias e venas) e interna (válvula mitral, tricúspide, semilunar…). Distinguiron as tres capas deste órgano vital: pericardio, endocardio e miocardio e as súas funcións. Finalmente, repasaron as causas de importantes enfermedades relacionadas co aparato circulatorio: soplos, infartos, ictus, tromboses, varices, insuficiencias renais, hipertensión, etc. 

Álbum: Sen categoría -> 23 Disección

Arquitecta de solucións na nube en Microsoft.

Este 3 de Maio a arquitecta de solucións na nube de Microsoft, Yanina Falcón, aportou a súa experiencia vital nun mundo no que as mulleres son minoría.

Esta titulada superior do CIFP Politécnico no ciclo de sistemas de telecomunicacións e informáticos sinalou a importancia da formación continua, dos idiomas e dos certificados de Microsoft no mundo das empresas tecnolóxicas. O alumnado e profesorado de STEMBach asistiron á magnífica conferencia na que a poñente destacou o esforzo como un reto na súa automotivación persoal.

Despois da conferencia, o alumnado de primeiro curso de STEMBach fixo interesantes preguntas e expuxo a súas intencións académicas a curto prazo.

Álbum: Sen categoría -> Microsoft 23

Práctica 10. Placas Arduíño II.

Este 19 de Abril o graduado en física e alumno do Máster de Formación de Profesorado Camilo López Castro continuou coa impartición do seminario sobre placas Arduíño para alumnado de primeiro curso de STEMBach.

Concretamente, empregaron os diferentes sensores do kit Aqualab de Xuvenciencia, adquiridos polo noso centro. Viron a instalación de diferentes librarías e o funcionamento de diferentes sensores de diferentes parámetros (luz, humidade, temperatura, etc.), necesarios para controlar o crecemento dunha planta.

Álbum: Sen categoría -> 23 Arduino II
Distribuir contido


by Dr. Radut