Skip to Content

Índice, Conferencias, Eventos, Prensa, Prácticas

Distintos infinitos.

Este 6 de Febreiro o doutor en matemáticas David Gómez Castro, da Universidade Complutense de Madrid, impartiu a conferencia titulada distintos infinitos para alumnado e profesorado STEMbach do noso centro.

Empezou definindo o que era o finito para definir o infinito. Concretamente definiu 3 infititos: c, A e N0.  Finalmente, presentou sorpresas co infinito, entre elas as series e as integrais. A conferencia rematou cunha interesante rolda de preguntas por parte do alumnado.

Álbum: Sen categoría -> matematicas infinito

Aplicacións do método de mínimos cadrados ao tratamento de datos experimentais.

Os profesores do departamento de matemáticas do noso IES, José Luis Iglesias e María Macía, impartiron un seminario de estatística aplicada para tratamento de datos experimentais ao alumnado de primeiro curso de STEMbach.

Este 1 de febreiro viron os fundamentos matemáticos da regresión lineal, polinomial, exponencial e potencial empregando o método de mínimos cadrados. Recordaron os exemplos de axustes lineais e non lineais xa vistos para os datos obtidos por eles mesmos e viron a súa análise matemática. 

Álbum: Sen categoría -> matemáticas 23

Práctica 7. Microscopia.

Este mércores 25 de xaneiro, o alumnado de primeiro curso de STEMbach realizou a práctica de microscopia óptica consistente na observación ao microscopio de organismos acuáticos, concretamente de cianobacterias (Microcystis Aeruginosa), paramecios e microalgas. Así mesmo, tamén observaron ao microscopio bacilos de iogur e células de cebola.

Esta práctica levouse a cabo baixo a supervisión dos docentes do noso IES, Ana Rodríguez López e Xoán Carlos Rodríguez.

Álbum: Sen categoría -> Microscopia

One Health. Un planeta, unha saúde.

A doutora Marta López Alonso, profesora de patoloxía animal na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, impartiu este mércores 18 de xaneiro a conferencia titulada One Health. Un planeta, unha saúde.

Nesta amena e didáctica charla, a doutora Marta López explicou o concepto de One Health, unha saúde, e a importancia que está a adquirir nestes últimos 20 anos, especialmente a partir da COVID-19.

Así, o alumnado de primeiro de StemBach viu a importancia que ten a colaboración interdisciplinar entre médicas/os, veterinarias/os, investigadoras/es que traballan a nivel local, nacional e global pola saúde das persoas, animais e medio ambiente.

Ao final da conferencia as/os asistentes fixeron unha posta en común para aportar o seu gran de area na mellora da saúde global como, reutilizar, reciclar e reducir, consumir produtos locais e nos que se prime o benestar animal e medioambiental, entre outras medidas.

Álbum: Sen categoría -> One Health 23

Práctica 6. Detección e cuantificación de microcistinas en auga.

Este mércores 11 de xaneiro, o profesor Xoán Carlos Rodríguez dirixiu un ensaio para a cuantificación de toxinas que producen doenzas hepáticas en augas contaminadas pola cianobacteria Microcystis Aeruginosa.

Para a realización desta práctica, o alumnado empregou o kit MicroCystest, o cal está baseado na capacidade inhibitoria para determinar o contido de microcistinas empregando unha enzima fosfatasa e un substrato colorimétrico específico. En presencia de microcistinas prodúcese unha inhibición da actividade enzimática proporcional á cantidade de microcistinas presente na mostra, é decir, canto maior é a concentración de microcistinas menor é a absorción de luz a 415 nm por parte do substrato colorimétrico. As lecturas realizáronse en placas empregadas para a técnica ELISA (“Ensaio por inmunoabsorción ligado a enzimas”). Ademais, puideron ver o funcionamento dun lavador automático destas placas.

A análise e interpretación dos resultados será realizada noutra sesión de prácticas, repasando os axustes lineais e non lineais realizados con profesorado do departamento de Matemáticas do noso IES.

Álbum: Sen categoría -> microcistina 23

Práctica 5. Ensaios físicos de madeira.

Este mércores 21 de decembro, o alumnado de primeiro curso de STEMbach, supervisados pola profesora Verónica Varela, realizaron tres ensaios físicos en mostras de madeira no laboratorio de ensaios do noso IES.

Máis específicamente, o alumnado realizou ensaios de dureza Brinell, de resistencia ao impacto (resilencia) co péndulo de Charpy e de resistencia á flexión estática. Posteriormente, a partir dos datos experimentais obtidos, realizou os cálculos segundo as distintas normas destas propiedades mecánicas.

Álbum: Sen categoría -> prácticas madeira 22
Distribuir contido


by Dr. Radut