Skip to Content

Prácticas

Práctica 10. Detección e cuantificación de microcistinas en auga

Este mércores 2 de Febreiro, o profesor Xoán Carlos Rodríguez dirixiu un ensaio para a cuantificación de toxinas que producen doenzas hepáticas en augas contaminadas pola cianobacteria Mycrocistis Aeruginosa. Previamente, o alumnado de primeiro de Stembach na Práctica 6. Observación ao microscopio de organismos acuáticos, xa levara a cabo a observación destas toxinas ao microscopio.

Para a realización desta práctica, o alumnado empregou o kit MycroCistest, o cal está basado na capacidade inhibitoria para determinar o contido de microcistinas empregando unha enzima fosfatasa e un substrato colorimétrico específico. En presencia de microcistinas prodúcese unha inhibición da actividade enzimática proporcional á cantidade de microcistina presente na mostra, é decir, canto maior é a concentración de microcistinas menor é a absorción de luz a 405 nm por parte do substrato colorimétrico. As lecturas realizáronse en placas empregadas para a técnica ELISA (“Ensaio por inmunoabsorción ligado a enzimas”).

A análise e interpretación dos resultados será realizada na seguinte sesión de prácticas, repasando os axustes lineais e non lineais.

 

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 10

Práctica 9. Impresión 3D

A práctica deste mércores 14, correu a cargo do profesor de Tecnoloxía no IES Lucus Augusti, Carlos Cazón. Esta práctica consistiu na introdución á impresión 3D.

O alumnado empezou aprendendo a deseñar pezas vendo algúns programas de deseño: TinkerCAD, FreeCAD e OpenSCAD; este último foi o que utilizaron para a realización de prácticas de deseño.

Deste xeito, despois de ter unha peza creada (un dado) pasaron a utilizar o programa Ultimaker Cura para definir os distintos parámetros de impresión, así como perfilar a figura en capas. A práctica rematou coa impresión desta peza na impresora 3D.

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 9

Práctica 8. Traballando con Arduino

O alumnado do Stembach, na sesión do mércores 15, continuaron traballando con Arduino Uno. As prácticas consistiron en programar o encendido de varios LED, nunha primeira práctica os díodos partían dunha secuencia de encendido que se mantiña ata que se pulsaba un interruptor e despois cambiaba, isto conseguíase utilizando a instrución if/else; nunha segunda práctica utilizaron unha LDR para controlar o encendido duns díodos, estableceron tres tramos para o valor da LDR e en función do tramo no que se atoparan encendiase un ou outro díodo. Os valores da LDR víanse a través do monitor serie que permite implementar Arduino. Ó final das prácticas mostrouselles unha placa Arduino con varios sensores conectados para que veran as posibilidades desta ferramenta para desenvolver proxectos en diferentes campos.

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 8

Práctica 7. Traballando con Arduino

Na clase deste mércores 1 de Decembro, o alumnado do Stembach fixo prácticas coa placa Arduino uno. O profesor de tecnoloxía do IES Lucus Augusti, Carlos Cazón , explicou o funcionamento desta placa empezando por unha descrición dá mesma, continuando con simulacións de circuítos utilizando o programa Tinkercad e por último montaron eses circuítos utilizando placas protoboard, diodos LED, resistencias e cables eléctricos. A práctica incluía unha introdución á programación co IDE de Arduino.

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 7

Práctica 6. Observación ao microscópio de organismos acuáticos

Este mércores 24 de novembro, o alumnado de primeiro curso de STEMbach, realizou a práctica número 6, consistente na observación ao microscopio de organismos acuáticos, nomeadamente, cianobacterias (Mycrocystis Aeruginosa e Nostoc SP) e microalgas (Tetraselmis Suecia). Así mesmo, tamén observaron ao microscopio levadura de panadería.

Esta práctica, levouse a cabo baixo a supervisión dos docentes do noso IES, Ana Rodríguez López, Xoan Carlos Rodríguez e Inmaculada R. Lahoz, contando coa colaboración da investigadora do departamento de microbioloxía da Facultade de Veterinaria, a doutora Saskia Flament, así como, das estudantes en prácticas do máster de profesorado, Nerea Bermúdez, Dafne Díaz e Carmen Alfonso. 

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 6

Práctica 5. Ensaios físicos en madeira

Este mércores 10 de novembro, o alumnado de primeiro curso de STEMbach, supervisados polos profesores Xoán Carlos Rodríguez, Demetrio Hermida, Verónica Varela, Ana Rodríguez e Inmaculada R. Lahoz, realizaron tres ensaios físicos en mostras de madeira no laboratorio de ensaios do noso IES.

Máis específicamente, o alumnado divididos en tres grupos de catro, realizaron ensaios de dureza Brinell, de resistencia á flexión estática e, de resistencia ao impacto (resilencia) co péndulo de Charpy. Posteriormente, a partir dos datos experimentais obtidos, realizaron os cálculos segundo as distintas normas destas propiedades mecánicas.

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 5
Distribuir contido


by Dr. Radut