O pasado mércores 5 de Abril, o alumnado de primeiro de StemBach puxo en práctica os coñecementos adquiridos durante todo este curso, mediante a determinación de nitratos en tres mostras problema de auga.
Para tal fin, o alumnado preparou cinco disolucións patrón partindo dunha disolución nai de nitrato potásico de concentración 1000 ppm, para posteriormente, medir a absorbancia de cada unha destas disolución nun espectrofotómetro de ultravioleta a 220 nm e 275 nm, obtendo así unha recta de calibrado.
A continuación, mediron a absorbancia das tres mostras problema de auga a 220 e 275 nm, interpolando os valores de absorbancia obtidos na recta de calibrado previamente calculada e, obtendo así a concentración de nitratos destas mostras.
Cabe destacar que a absorbancia determínase a estas dúas lonxitudes de onda debido a que a materia orgánica disolta tamén pode absorber a 220 nm e a que os nitratos non absorben a 275 nm. Polo tanto, emprégase unha segunda medición a 275 nm para eliminar a posible interferencia debida á presencia de materia orgánica.
Así mesmo, tamén comentar, que tanto ás disolucións patrón como ás mostras problema de auga se lle ten que adicionar 0,1 mL de HCl 1M para eliminar posibles interferencias do ión carbonato.
Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 13