Punto violeta

Novas e eventos próximos

Curtas 25 N - Concello de Lugo

Curtas 25 N

 

Curtas polo "Dia Internacional de Eliminación da Violencia Contra Muller"

"16 de decembro" + "Suc de Síndria"

21 de novembro ás 20:00

Auditorio do Vello Cárcere.

Descargar PDF

 

 

 

 

 

 

Cristina Fallarás

Cuéntalo

O curso pasado o alumnado do Lucus recollía o traballo "Cuéntalo" sobre violencia de xénero da xornalista Cristina Fallarás coa colaboración do Centro de Supercomputación de Barcelona.

O vindeiro sábado 14 ás 12:00 estará no Vello Cárcere para facer a presentacion do seu último libro "Ahora contamos nosotras" 

En abril do 2018, despois de facerse pública a sentenza do xuízo da "manada", a xornalista Cristina Fallarás lanzou a iniciativa "#cuéntalo", un hashtag contra a violencia de xénero que pretendía visibilizar, a través dos testimonios de mulleres vítimas de maltrato, unha dramática realidade agochada tralo silenzo. Durante 14 días mais de 800.000 mulleres denunciaron na rede as violacións, acosos e agresións ás que foran sometidas.

Unha vez realizado o traballo de campo solicitaron a colaboración do Centro de Supercomputación de Barcelona para manexar os 13 gigabytes de información, con mais de 2 millons de tuits que encherían 100 libros, de xeito que poideran converterse nun esquema sinxelo que achegara información respecto á situación da violencia de xénero sen perder cada historia individual e non sepultar os relatos persoais con cifras e estadísticas. O proceso para a construción do algoritmo a través dunha rede neuronal realizada a man foi complexo e rematou nunha páxina web impactante.

Unha colaboración entre periodismo social e tecnoloxía impresionante.

Ver web #Cuéntalo

Para saber máis Blogue #Cuéntalo 

 

*nv*s*bles

Con motivo do 25 N como Día Internacional pola Eliminación de toda violencia contra as mulleres vais adicar a xornada deste domingo 24, a visibilizar a figura e obra dunha música, Rosa García Ascot, relacionada con Lugo ó casar co gran músico lucense  Bal y Gay. E tamén a de Clara Schumann. Para anotarse nos obradoiros no teléfono 010 do Concello.

Powered by Drupal - Design by artinet