O alumnado que cursa ou cursou estudos profesionais no Conservatorio poden solicitar as seguintes convalidacións:
Análise musical I polo 2º curso de harmonía.
Análise musical II polo 1º curso de análise.
Historia da música e da danza polos 1º e 2º cursos de historia da música.
Linguaxe e práctica musical polo 3º curso de instrumento principal ou voz.
Os estudos superiores vinculados a este bacharelato van ser os seguintes: Biblioteconomía, Belas Artes, Ciencias da actividade física e do deporte, Ciencias políticas e da administración, Dereito, Educación social, Filosofía, Humanidades, Logopedia, Maxisterio, Pedagoxía, Psicoloxía, Publicidade e relacións públicas, Relacións laborais, Socioloxía, Tradución e interpretación, Turismo, Xeografía, Xestión e administración pública e Xornalismo. A vinculación das modalidades do bacharelato e as carreiras universitarias implica, en caso de haber límite de prazas, que o alumnado que realizou unha das modalidades vinculadas ten dereito preferente.
Independentemente, o alumnado que supere as materias comúns do bacharelato e finalice os ensinos profesionais de música obterá o título de Bacharelato en Música. Para poder matricularse só nas materias comúns do bacharelato deberá solicitalo previamente no instituto e presentar a certificación que acredite que acabou os ensinos profesionais de música ou que as está cursando.
modelo de solicitude
FAQ Validacións música e Danza ESO / BAC