Skip to Content

Actividades escolares

Programa de actividades escolares que se realizaran segundo o protocolo Covid-19

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC inicia no uso e manexo de drons a estudantes de STEMbach do IES Lucus Agusti da capital luguesa a través dunha iniciativa de colaboración que permitiu aos estudantes preuniversitarios pilotar o dron Mavic mini, ademais de tomar fotografías do mesmo para a posterior elaboración dun modelo tridimensional.

Os estudantes de STEMbach no Ies Lucus Agusti Carmen Pérez Varela, Anxo Losada Fernández e Melody Vila Pérez, baixo a titoría do profesor Ibai Quinteiro Recondo, aproveitaron a súa estadía completada en vésperas de Nadal na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC para facer voar o dron cos seus propios teléfonos móbiles, logo de adaptalos para proceder ao control de voos. Esta actividade práctica tamén permitiu aos futuros universitarios ensaiar as manobras co equipo no interior da nave de prácticas a EPSE.

Ler máis

Neste curso 2020/21 non se van facer actividades extraescolares que requiran pernoctar fóra da casa e aquelas que se fagan coma desprazamento dun día, teñen que adaptarse ás normas marcadas no protocolo Covid-19.

Na seguinte ligazón relacionanse as actividades programadas por departamento: actividades

Visita ó centro de interpretación do río Rato

Visita dos alumnos de 1ºESO ó centro de interpretación do río Rato

Álbum: ACTIVIDADES 2019/20 -> Visita ó río Rato

Viaxe a Atapuerca

Os alumnos de 1º de BAC foron a Atapuerca nunha actividade organizada polos departamentos de Filosofía e Xeografía e Historia.

Álbum: ACTIVIDADES 2019/20 -> Viaxe a Atapuerca

Na seguinte ligazón podes consultar as actividades extraescolares para o curso 2019-2020.

Actividades

Distribuir contido


by Dr. Radut