Skip to Content

A EPS de Enxeñaría inicia no uso e manexo de drons a alumnado de STEMbach no IES Lucus Augusti

cazon

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC inicia no uso e manexo de drons a estudantes de STEMbach do IES Lucus Agusti da capital luguesa a través dunha iniciativa de colaboración que permitiu aos estudantes preuniversitarios pilotar o dron Mavic mini, ademais de tomar fotografías do mesmo para a posterior elaboración dun modelo tridimensional.

Os estudantes de STEMbach no Ies Lucus Agusti Carmen Pérez Varela, Anxo Losada Fernández e Melody Vila Pérez, baixo a titoría do profesor Ibai Quinteiro Recondo, aproveitaron a súa estadía completada en vésperas de Nadal na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC para facer voar o dron cos seus propios teléfonos móbiles, logo de adaptalos para proceder ao control de voos. Esta actividade práctica tamén permitiu aos futuros universitarios ensaiar as manobras co equipo no interior da nave de prácticas a EPSE.

Ler máis



page | by Dr. Radut