Skip to Content

Educación física, Actividade, Programación anual, Profesorado

Escalada

Os pasados 27 e 28 de maio os alumnos de primeiro e segundo da ESO puideron desfrutar dunhas sesións no medio natural. 

En primeiro lugar, os alumnos fixeron unha ruta de senderismo polas ribeiras do Miño. A continuación, realizaron unha sesión de escalada no rocodromo que se atopa no pazo de feiras e congrsos de Lugo. Xa para rematar a sesión, realizaronse xogos alternativos ó aire libre na contorna do pazo e feiras.

Álbum: Sen categoría -> Escalada

Viaxe Vigo

O xoves 30 de maio, os alumnos de 4º de ESO e de Anatomia de 1º de BACH desfrutaron dunha viaxe a Vigo, onde tivemos a sorte de poder aprender habilidades ximnasticas acrobáticas da man dos adestradores do clube de ximnasia acrobatica FLIC-FLAC de Vigo. 

Xa pola tarde, levouse a cabo unha iniciación o Padel Surf na praia de Bouzas. Os alumnos/as puideron disfrutar desta práctica deportiva que cada día ten máis adeptos.

Álbum: Sen categoría -> Ximnasia acrobática e Padel surf

Carreira Solidaria

O día 10 de maio celebrouse nas pistas de atletismo do noso centro a carreira solidaria, a través da cal se recaudaron fondos cos que se fará unha achega o Banco de Alimentos de Lugo e a Asociación Fran Gil (https://www.asociacionfrangil.org). A cuantía recaudada supera lixereiramente o 1000€.
Queremos agradecer a todos os alumnos o esforzo realizado para lograr estos recursos.
Álbum: Sen categoría -> Carreira Solidaria

Tenis de Mesa

A primeira semana do mes de maio tivemos o placer de contar no noso centro con Adrián e Claudio, adestradores do clube Dez Portas de tenis de mesa.

Durante as sesión realizamos tarefas de familiarización co material específico que se utiliza neste deporte, así como o coñecementos das reglas básicas que regulan o mesmo. 

 

Álbum: Sen categoría -> Tenis de Mesa

Muralla Rugby Club

Durante o paso mes de abril, os adestradores do Muralla Rugby Club de Lugo, estiveron impartindo unhas sesións de iniciación ó rugby. 

Con eles puidemos coñecer e practicar o elementos técnicos máis básicos que posee este deporte, así como desfrutar de diferentes xogos de iniciación que fomentaron a práctica lúdica, axudando tamén a desmitificar o rugby coma un deporte violento.

A continuación deixamos unhas imaxes tomadas durante as sesións levadas a cabo.

Álbum: Sen categoría -> Rugby

Visita Escuela de Kárate Shihan

Durante a semana do 8 ó 12 de abril tivemos connosco ó adestrador Dani, que forma parte da escola de Kárate Shihan. Tódos os alumn@s do centro tiveron un achegamento ós elementos técnicos básicos do kárate, así como técnicas de defensa persoal.

Dende o centro Lucus Augusti queremos agradecer a Escola Shihan a predisposición e as facilidades dadas para que os seus adestradores puidesen vir a traballar cos nosos alumn@s.

Álbum: Sen categoría -> Karate
Distribuir contido


by Dr. Radut