Instituto Decano de Galicia
Membro da Orden Civil de Alfonso X el Sabio
Medalla de ouro do Concello de Lugo
Instituto Decano de Galicia
Membro da Orden Civil de Alfonso X el Sabio
Medalla de ouro do Concello de Lugo
Este 31 de maio os alumnos de primeiro curso de STEMbach realizaron a disección dun corazón de porco, dirixidos pola profesora de Bioloxía do IES Ánxel Fole Lourdes Novoa Álvarez, que xa os cursos pasados impartiu esta práctica aos alumnos deste bacharelato do noso instituto.
Observaron a anatomía externa de diferentes tecidos, do pulmón, da tráquea, do esófago, da epiglote e do corazón. Deste músculo viron a anatomía externa (aurículas, ventrículos, arterias e venas) e interna (válvula mitral, tricúspide, semilunar…). Distinguiron as tres capas deste órgano vital: pericardio, endocardio e miocardio e as súas funcións. Finalmente, repasaron as causas de importantes enfermedades relacionadas co aparato circulatorio: soplos, infartos, ictus, tromboses, varices, insuficiencias renais, hipertensión, etc.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |