INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ALUMNADO DE 4º ESO E 2º BACHARELATO
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publica unha RESOLUCIÓN onde dita as instrucións de Acreditación das competencias dixitais para o alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato.
Achegamos un RESUME esquemático dos contidos máis importantes da mesma:
O alumnado de 4º da ESO que titule este curso, recibirá de oficio un certificado de Competencias dixitais nivel Iniciación.
O alumnado de 2º da BACHARELATO que titule este curso, recibirá de oficio un certificado nas áreas de dominio 1,2,3 e 5 do nivel intermedio
Ademais:
O alumnado que está cursando 4º da ESO pode participar nas probas especificas para acreditar as competencias dixitais de nivel intermedio
-data límite de inscrición: 15 de marzo (modelo de solicitude dispoñible na Secretaría deste Centro).
-data da proba: mes de maio
-duración da proba: 90 minutos
O alumnado que está cursando 2º de bacharelato pode participar nas probas específicas para acreditar a área de dominio 4 (seguridade e privacidade) de nivel intermedio.
-data límite de inscrición: 15 de marzo (modelo de solicitude dispoñible na Secretaría deste Centro).
-data da proba: mes de abril
-duración da proba: 20 minutos
Os certificados de Competencias dixitais caducan aos 5 anos.
Máis informacion sobre o marco galego de competencias dixitais AQUÍ
Adxunto | Tamaño |
---|---|
resume_acreditacion_compdixitais__24.pdf | 161.99 KB |