Desde este luns, unha selección de 20 retratos do proxecto Mulleres Valentes da artista estradense Rosa de Cabanas están expostos no corredor da Biblioteca do centro, aos que se suman 3 paneis informativos da mostra. Para achegar o alumnado á mostra deseñouse tamén un caderno de actividades sobre a mesma, que estará no centro ata o día 22.
A actividade complementouse cunha charla da propia autora do proxecto que se achegou o mércores 6 ao centro educativo para explicar ao alumnado de 3º e 4º ESO os detalles, obxectivos e característas da exposición e do seu traballo en xeral.
Ademais na Biblioteca do centro instalouse unha mesa violeta con diversas publicacións de mulleres ou referidas a elas.
Estas actividades encádranse dentro do obxectivo do centro de poñer o foco nesta data no traballo que desenvolveron e desenvolven mulleres de todos os ámbitos sociais, profesionais e culturais, en moitos casos descoñecidos polo comunidade educativa e pola sociedade en xeral.