Un ano máis o Losada celebrou o agardado entroido. Neste curso o alumnado de 4º ESO A realizou un completo programa de actividades para todos os días da semana. Día do complemento, día do vermello, día do pixama, día de gala e o concurso e festa final de entroido o venres 9 de febreiro.
Esta programación provocou unha moi participativa resposta da comunidade educativa, que culminou o venres cun concorrido concurso de disfraces e unha animadísima festa.
A organización do alumnado de 4º merece cualificarse como excelente así como a resposta e compromiso do resto do alumnado. Abaixo podes ver e descargar as mellores fotos do evento, realizadas por Noel Ramos Caramés.