Foi publicada a resolución relativa á convocatoria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa de 21 de marzo de 2023, do V Concurso de Podcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
Nesa resolución concedeuse o premio, dotado con 1000 euros, ao traballo presentado polo Losada baixo o título Lembranzas dun galeguista, centrado na figura de Francisco Fernández del Riego, motivo do concurso.
O podcast foi realizado por un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO, coordinado polo docente do centro Esteban Folgar, responsable do proxecto “Radio Xoven” do Losada.
O alumnado de 3º ESO que participou na elaboración deste podcast foi:
- Dolores Porto Arca
- Iria Pérez Martínez
- Candela Rivas Neira
- Adrián Fraga Rodríguez
- Arón Durán Iglesias
- Pablo Cabaleiro Fernández
O podcast, titulado Lembranzas dun galeguista, constitúe unha ficción sonora que recrea a vida de Del Riego despois da súa morte, destacando os momento máis destacados da mesma (estudos universitarios en madrid, proceso de asunción do galeguismo, discurso en Lourenzá proclamando a Repúbilica, fundación da editorial Galaxia, creación do Día das Letras Galegas, etc)
Compre subliñar que non foi o único traballo presentado, pois outro grupo de alumnos deste mesmo curso presentou outro proxecto titulado A ARCA, tamén moi ben realizado aínda que finalmente non fose premiado.
A resolución pode consultarse AQUÍ
XA PODES ESOITAR O PODCAST GAÑADOR: