SEMANA DE ACTIVIDADES ARREDOR DA CIENCIA, MULLER E IDIOMA NO LOSADA

 DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCA

A Catedrática en Química Analítica da USC, Marta Lores Aguín, FOI a encargada de impartir unha charla divulgativa arredor da presenza da muller no ámbito dos estudos e a investigación científica. Foi dirixida ao alumnado de ciencias de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato do centro.

A actividade enmárcase dentro da liña de actuación do Losada encamiñada á potenciación das vocacións científicas das mozas estudantes do centro. A actividade tamén se encadra dentro da liña de actuación derivada do contrato programa de mellora da excelencia educativa “A ciencia en galego”. Tivo lugar o martes 11 no salón de usos múltiples.

A actividade foi programada e organizada polo Departamento de Física e Química.

 

O mércores 12 realizouse unha charla-coloquio para este mércores 12, baixo o título de “A información meteorolóxica en galego”.

A relatora foi, nesta ocasión, a coñecida xornalista e informadora do tempo na TVG, Mabel Montes, que achegou ao alumnado do Losada información de como se realizan as previsións meteorolóxicas, que medios e instrumentos usan, como se interpretan os mapas e tempo e como nolo transmiten aos espectadores e espectadoras.

A actividade tamén está incluída na liña de actuación derivada do contrato programa de mellora da excelencia educativa “A ciencia en galego”. Tivo lugar no salón de actos do centro e foi dirixida ao alumnado de 1º e 4º ESO.

A actividade esta programada e organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Bioloxía.

 

Mais info e imaxes no seguinte enlace: BLOG DO EDLG LOSADA