PROGRAMA DEPORUARTE NO LOSADA

 A actividade iniciouse o pasado 28 de outubro cunha sesión formativa arredor do proxecto que lle ofrece un espazo de encontro e intercambio de experiencias, así como novas alternativas de actividades artísticas e lúdicas que potencien movementos de participación e cooperación social ao redor dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), que constitúen un chamamento universal á adopción de medidas para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e garantir que todas as persoas gocen de paz e prosperidade.

Como resultado desta sesión o alumnado participante no proxecto, 40 rapaces e rapazas de 4º ESO, escolleu como motivo do graffiti, que culmina o proxecto, o tema da IGUALDADE DE XÉNERO, e que foi realizado o día 3 de decembro polo alumnado baixo a dirección artístca do graffiteiro RAS.

No acto de inauguración, celebrado o xoves 5, participou o alumnado de 4ª ESO que fixo parte do programa. Cristian Ribadavia e Rita Torres explicaron o proceso de elaboración. Tamén falou, en represantación do centro, o director do mesmo e o profesor coordinador da actividade. Estivo presente o graffiteiro responsable final da intervención artística, RAS. Por parte da Deputación de Pontevedra tomou a palabra a Deputada responsable de Cohesión Social, Olga García.

Alumnado de 4º despois ao remate da elaboración do graffiti

Inauguración

 O vídeo

 

A noticia na web da Deputación de Pontevedra

A noticia no Faro de Vigo