Formación en Centros de Traballo - ITALIA

Sete alumnos do Instituto dos ciclos de Sistemas microinformáticos e redes e Instalacións de telecomunicacións atópanse en Italia realizando as Prácticas en empresa. Están repartidos en tres empresas de diferentes zonas: na provincia de Lecce (Martignano) e nos arredores de Bolognia (Regia e Forlí).

O período de prácticas comezou o 11 de abril e prolongarase ata o 21 de xuño. Contan cunha beca Erasmus +, no marco do proxecto Europa Next Station que coordina a Consellería de Educación e no que o Instituto IES ANTÓN LOSADA participa como socio.

No traballo:

Carlos e Xabier, na empresa INTERLINEA, en Forlí

 

David e Leticia, na empresa EMISFERA SISTEMI, en Reggio Emilia

Jesús Neira, Rafael Rosende e Juan Manuel Fins na empresa PDPM de Martignano (Lecce)

Tamén aproveitan para facer turismo: