CONCERTO DIDÁCTICO

O alumnado de 3º e 4º da ESO asistirá hoxe a un concerto didáctico no Auditorio de Novacaixagalicia en Pontevedra ás 12.00 h, que leva por título: "Odaiko nas escolas II". "Farase un percorrido musical pola historia da humanidade dende os seus inicios", relacionando o mundo da percusión coa humanidade. Haberá un narrador en "Off", cunha escenificación chea de ritmos e sons e mesturados cunha pincelada de imaxinación, creatividade e curiosidade polas distintas manifestacións artísticas.