O Programa Leonardo é un programa de mobilidade internacional en Europa do alumnado de Ciclos profesionais. Dentro dun contexto de aprendizaxe permanente contémplanse catro semanas de experiencia laboral fóra do ámbito habitual dos rapaces. Concretamente ao IES Antón Losada Diéguez concedéronlle cinco mobilidades que se realizaron en Francia, en Châlons, en empresas do ramo correspondente ao perfil de cada un deles e todo isto foi xestionado en colaboración co Lycée Professionnel Etienne Oehmichen, en Châlons - Champagne.
O alumnado seleccionado no noso centro era das familias profesionais de Informática, Automoción, Electrónica e Administración e Finanzas.
A partir de xaneiro seguiron unha formación cultural e lingüística do país de acollida fóra do horario escolar para teren unhas referencias daquilo que van a afrontar.
Isto supuxo un esforzo técnico para o centro e sen dúbida para o alumnado ainda que compensa en termos de posible empregabilidade posterior pola mellora do currículo persoal de cada un deles e polas posibles oportunidades que mesmo poden xurdir no país veciño.
As mobilidades realizaronse no mes de abril.
Foi dunha aventura laboriosa, pero os resultados foron moi satisfactorios tanto a nivel persoal como desde o punto de vista profesional.
O noso alumnado era todo maior de idade. Rapaces e rapazas de segundo curso de ciclo medio para quen isto foi un desafío de madurez do que sairon airosos.