Punto Laranxa contra o acoso escolar

Admisión

Toda a información sobre o proceso de admisión: datas, listaxes, información xeral, ...

Admisión a ciclos formativos.

O PROCESO DE ADMISIÓN EN FORMACIÓN PROFESIONAL

Para estudar formación profesional, tanto no réxime ordinario como no de persoas adultas nos centros docentes sostidos con fondos públicos, é necesario participar nun proceso de admisión.

Este proceso determina os requisitos de acceso que deben cumprir os solicitantes, así como os prazos de presentación de solicitudes e matrícula.

  • O prazo de inscrición para o curso 24/25 e do  24 xuño ás 9:00 ao 4 xullo ás 13:00 horas. Neste período, as persoas interesadas deben presentar unha solicitude de admisión a través dun programa en liña propio da Consellería, que centraliza todas as solicitudes.

Toda a información sobre o proceso de admisión e matrícula pode consultarse na web de formación profesional.

 

MATRÍCULA:

As persoas que realicen a matrícula/reserva vía web DEBERÁN ACHEGAR O XUSTIFICANTE DE TER ABONADO O SEGURO ESCOLAR ANTES DA PRIMEIRA SEMANA DE CLASE.

No caso de facer a matrícula presencial no centro, a documentación que hai que aportar é a que segue.

  • CICLOS FORMATIVOS:

    • Sobre e impreso de matrícula (recóllese na conserxería nos prazos de matrícula).

    • Fotocopia do DNI

    • Certificado dos estudos alegados, se non se achegaron coa solicitude no CIFP Leixa

    • Recibo de ter abonado o seguro escolar (agás exentos/as). O seguro é de 1,12 € a ingresar na conta de //ABANCA ES54-2080-0233-12-3040010608. 

Powered by Drupal - Design by artinet