Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Libros de texto CFGS Procesos e Calidade na Industria Alimentaria - Curso escolar 2014-2015

Listado dos libros de texto do CFGS PCIA

(Prema na imaxe para acceder a todo o listado do CFGS Procesos e Calidade na Industria Alimentaria)

Amadriña unha lectora

Outro ano máis cos cativos do CEIP de Casás...

Que ben o pasamos todos!!!

Queres ver todas as fotos?

Preme na imaxe para acceder a todo o contido

 

O Club de lectura no cemiterio de San Froilán

Alumnado  pertencente ao Club de Lectura participou no acto dedicado a A NAI organizado polo Concello de Lugo no cemiterio da cidade. Recitaron poemas de Cabanillas e  Darío Xohán Cabana, entre outros.

Preme na imaxe para acceder á información e ás fotos.

 

 

Campionato de Orientación 2013/2014

Este curso o noso alumnado volveu participar no campionato de Orientación, dentro do Programa Xogade.

Parabéns a todos e todas, nomeadamente a Mayra e Aitana polas súas medallas ben merecidas.

 

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Probas Libres para obtención títulos FP: calendario de exames

No documento adxunto pódese ver o calendario das probas libres do CFGS de Procesos e Calidade na Industria Alimentaria.

Clases sen fume

Un ano máis participamos no programa "Clases sen fume", organizado pola Consellería de Educación e a de Sanidade conxuntamente. Elaboramos un vídeo e unha presentación cos traballos que fixemos. Mantivemos o compromiso de non fumar e para demostralo sometémonos a unhas probas de espirometría.

A ver se este ano tamén temos sorte no concurso!!!

   

Adaptación de "We Will Rock You" elaborada polo grupo de 2ºESO-C para a campaña "Clases sen fume" da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Curso 2013-2014

Presentación elaborada polo grupo de 1ºESO-A para a campaña Clases sen Fume da Consellería de Sanidade de Galicia. Curso 2013-2014

 

El País de los Estudiantes: papeleiras e lugonadas

Este curso tamén participamos en "El País de los Estudiantes". O diario de tirada nacional El País proporcionounos unha ferramenta online para poder elaborar e maquetar os nosos periódicos, "Lugonadas" e "Papeleiras", que participan neste concurso anual de diarios escolares.

Este é o resultado:

                  

 (Preme nas imaxes para acceder aos diarios)

Recitando a Manuel María na Cadena Ser

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega sumouse á iniciativa da Cadena Ser "O Son da Nosa Fala" poñendo voz aos poemas de Manuel María.

O Son da Nosa Fala

(Preme na imaxe para ver ás fotos)

 

Quedamos finalistas no III Concurso Lucus Intercentros

Coma no curso pasado, os representantes do alumnado do noso centro quedaron novamente finalistas no Concurso "Lucus Intercentros". Este ano celebrouse a III edición deste concurso cultural, organizado polo IES Muralla Romana.

Houbo que desempatar para decidir o gañador. O noso centro quedou segundo. Moitas grazas, María, Sara e Daniel por deixarnos en tan bo lugar.

Noraboa ao alumnado do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, gañador do concurso, e tamén ao resto de participantes dos outros centros.

Aquí podedes ver todo o concurso:

 

García Márquez, In Memoriam

O Venres, 25 de abril, na Biblioteca, o alumnado e profesorado do centro leremos a Gabo. Premendo na imaxe podes acceder á publicación no blog da Biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut