Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Eleccións Consello Escolar 2024 - Sector Familias

Está en marcha o procedemento para a renovación do Consello Escolar dos catro sectores (familias, alumnado, persoal non docente e profesorado) regulado pola Resolución de 10 de setembro de 2024.

No caso do sector das familias, renóvase unha praza (ou dúas no caso da ANPA designar representante). Podes acceder á convocatoria premendo aquí.

O prazo de presentación de candidaturas abrangue do 4 ao 11 de novembro e pode realizarse achegando este modelo debidamente cumprimentado á Secretaría do centro ou a través do correo electrónico.

As votacións terán lugar o día 20 de novembro de 16h a 18h na Sala de Profesorado.

Con anterioridade, o día 13 de novembro ás 11h en sesión da Xunta Electoral e con carácter público, terá lugar o sorteo da mesa electoral. 

Tedes o censo electoral á vosa disposición na Secretaría do centro,

Venres Musicais - Modo puretas ON (08-11-2024)

Programa dedicado ao rock ochentero, pero feito por grupos actuais.

Dirección: Félix, José Manuel
Locutores: Félix, José Manuel
Control: Xabi

Venres Musicais - Ready pa morir (30-10-2024)

Programa dedicado a raperos mortos.

Dirección: Félix
Locutores: Félix, Mateo, Natalia, Olmo, Xurxo
Control: Xabi

Sesión sénior do Club de Lectura

 

Entre as actividades que se desenvolven no noso centro educativo destaca, pola súa lonxevidade e alta participación, o Club de Lectura Sénior, que recentemente se reuniu na nosa biblioteca para conversar ao redor da novela de John Berger Hacia la Boda.

Este curso, ademais, quixemos darlle un pulo á mellora da comprensión lectora do noso alumnado a partir da iniciativa Hora de Ler na que participa cada día os rapaces e rapazas de 2º da ESO.

Desexamos que esta atmosfera lectora envolva a todo instituto e que aprendamos a compartir o que os libros nos ofrecen.

 

Grandes actuacións de Ainhoa e Ainara en Hípica

O noso alumnado segue a colleitar importantes éxitos en diferentes ámbitos. Literarios, artísticos, mais, sobre todo, deportivos.

É o caso da amazona de 2º da ESO Ainhoa Rodríguez Buján que recentemente acadou o ouro no campionato galego de raid na categoría cero estrelas ao lombo da égua Haromat A Majorie AA tras completar os 80 km de percorrido.

Ainhoa participu tamén dúas semanas despois no campionato interautonómico representando a Galicia xunto coa tamén alumna do Leiras Ainara Vilariño, acadando a terceira posición por equipos e traendo o bronce para a nosa terra. Cómpre destacar a actuación de Ainara, que acabou terceira individual na proba CET de 80 quilómetros. Parabéns ás 2!

 

 

Venres Musicais - Halloween (25-10-2024)

Programa dedicado á festividade do Samaín, alias Halloween, realizado polo alumnado de Proxecto Competencial.

Dirección: María Cabo
Locutores: Doaae, Ayman, Alicia, Lúa, Gabriela
Control: Xabi

Educar en Xustiza 2024

Como en anos anteriores, o noso alumnado de 3º da ESO visita os xulgados da Praza de Avilés de Lugo para asistir á celebración dunha serie de xuízos que completan unha actividade educativa única.

Queremos agradecer aos xuíces e xuizas, avogados/as, fiscais a súa enorme paciencia e colaboración, exercendo ademais de mestres do noso alumnado e espertando máis de unha vocación.

Seguiremos participando en vindeiras edicións se o TSXG ten a ben convidarnos.

Venres Musicais - Erasmus Days (18-10-2024)

Selección de cancións que nos propoñen os participantes das distintas experiencias Erasmus destes últimos dous anos.

Dirección: Marta Mato
Locutores: Marta Mato, Martín Casanova, Xabi
Control: Xabi

Día Mundial contra o Cancro de Mama

O 19 de outubro conmemórase o Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha doenza moi espallada na que se ten avanzado moito no seu pronóstico nos últimos anos.

Con este motivo a ANPA do centro organizou para o alumnado de bacharelato unha charla cun invitado de excepción: Doutor Antonio Castro.

O prestixioso xinecólogo lugués introduciunos na ciencia ao redor desta doenza. Tratou da prevención, diagnóstico, tratamento, cirurxía, recuperación e acompañamento, facendo especial fincapé na importancia do apoio emocional que precisan as persoas con cancro de mama.

Queremos agradecer ao Doutor Castro a súa presenza no centro e, por suposto, a nosa ANPA, organizadora deste acto, que achegou ao noso alumnado unha sesión tan cargada de divulgación científica como de humanidade.

 

 

 

Patrimonio Inmaterial (17-10-2024)

Programa dedicado ao Día Internacional do Patrimonio Inmaterial da UNESCO, que se celebra por primeira vez no 2024.

Dirección: Xabi
Locutoras: Ana Dopazo, Belén Martín, Xabi
Control e fondos: Xabi

Distribuir contido


by Dr. Radut