Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

O Leiras Pulpeiro co Dr. Ángel Carracedo

O pasado 9 de marzo tivemos a sorte de contar co Dr. Ángel Carracedo, que deu unha charla ao alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO, Ciencias do Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelaro e Bioloxía de 2º de Bacharelato.

Ao igual que aconteceu no curso pasado, o salón de actos estivo en expectante silencio mentres escoitamos a este científico de primeira liña mundial e excelente comunicador, que nos encandilou coas súas explicacións sobre Xenómica e Medicina Forense.

Unha semana despois (o 17 de marzo), o alumnado de 2º de Bacharelato visitou, invitado polo Dr. Ángel Carracedo, as instalacións do Instituto para o Desenvolvemento e a Integración da Sanidade en Santiago de Compostela. Tamén puido visitar a Fundación Pública galega de Medicina Xenómica.

Ao longo da xornada, puido ver in situ como se desenvolve o labor investigador neses laboratorios e falar cos diferentes responsables dos mesmos. Coñeceu de primeira man as técnicas máis punteiras en xenómica e proteómica, entre outras disciplinas, que fan que este sexa un centro de referencia a nivel internacional.

 

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Concerto de "Solo Voces" no Leiras

O pasado 3 de marzo tivemos a sorte de contar, un ano máis, coa visita do excelente conxunto vogal "Solo Voces", que nos deleitou cun concerto didáctico no que aprendimos moitísimas cousas sobre a evolución da música ao longo da Historia.

As súas harmonías vogais encheron o salón de actos do Leiras, ao igual que a súa simpatía. Aprendimos moito e, sobre todo, pasámolo moi ben.

 

 

Para acceder a todas a fotos e vídeos, preme aquí.

Eu son Rosalía (Día de Rosalía)

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía como unha festa, cun recitado de poemas a cargo do alumnado de 3º de ESO. Despois, bailamos todos xuntos.

Pasámolo moi ben.

 

Ligazón á montaxe de fotos en Biblioleiras

Ligazón ao vídeo en É un falar

Convocadas probas de acceso aos CFGM e CFGS de Formación Profesional

Rosalía Sempre Viva: noraboa, Alejandro

      

Alejandro Sánchez, de 1º de Bacharelato e Andrea Vázquez, de 3º de ESO, participaron, xunto con rapaces e rapazas de toda Galicia, no concurso de recitado de poemas "Rosalía sempre viva", organizado pola Casa Museo de Manuel María.

Alejandro resultou gañador na categoría de Bacharelaro co poema "Silencio". Noraboa, Alejandro.

Máis información e fotos en "É un falar".

Conferencia Internacional sobre Pensamiento - ICOT 2015

XIII Xornadas de nais e pais: Estratexias lúdicas en Igualdade.: uso e abuso de videoxogos e smartphones

 

Baixo o título“Estratexias lúdicas en Igualdade: uso sen abuso de videoxogos e smartphones” o vindeiro sábado día 21 de febreiro celebrarase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, a décimo terceira edición da Xornada de nais e pais educando en igualdade, que nesta ocasión ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.

Máis información e inscrición na web da Secretaría Xeral de Igualdade.

Descarga do díptico informativo.

Descarga da solicitude de inscrición.

 

 

BIBLIOTECA: concurso "FEBREIRO, MES DO AMOR"

 

Participa no novo concurso da Biblioteca

Consulta as bases en Biblioleiras.

Entroido 2015 no Leiras

Hoxe caeu en venres e 13, mais non desesperamos e voltamos organizar un ano máis o noso desfile de Entroido....

....e saíunos de medo!!!

 

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Autopsia na USC co Dr. Ángel Carracedo

 

O alumnado de Bioloxía de Segundo de Bacharelato, invitado polo prestixioso Dr. Ángel Carracedo, investigador líder mundial en Medicina Legal e en Xenómica, fixo unha visita ao Departamento de Medicina Legal da USC en Santiago, onde tivo a oportunidade única de participar nunha autopsia simulada sobre un cadáver real, dirixida por el mesmo.

Despois, xunto co propio alumnado de Medicina, realizou unha práctica de disección do corazón, programada dentro do horario lectivo deste alumnado polo Departamento de Anatomía.

Deste xeito se convirtiron, por máis de dúas horas, en verdadeiros alumnos da Facultade de Medicina da USC.

Pódense descargar as fotos con maios tamaño dende esta ligazón: https://www.facebook.com/leiraspulpeiro/posts/839446266112323

 

Distribuir contido


by Dr. Radut