Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Apadriña un lector 2016

Como cada mes de xuño desde hai xa seis anos, estamos encantados de tender esta ponte entre o noso centro e o CEIP Casás. Os nenos e nenas de 5 anos do colexio viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas. 

Se queres saber máis, preme nesta ligazón: "Apadriña un lector 2016" en Biblioleiras.

 

 

Apadriña un lector 2016 de IES Leiras Pulpeiro en Vimeo.

Primeiros provinciais e terceiros autonómicos no torneo do Liceo La Paz

Trofeo Liceo Casás_provincial

Trofeo Liceo Casás_autonómico
1º posto provincial 3º posto autonómico

 

O alumnado de 1º e 2º de ESO, que forma parte do equipo de fútbol sala que representou ao IES Leiras Pulpeiro no torneo do Liceo La Paz, fíxonos entrega do trofeo acadado por quedar primeiros nesta competición na fase provincial.

Actualización 6/6/2016: tras xogar a fase autonómica e quedar terceiros, fixeron entrega deste último trofeo ao centro.

Noraba, rapaces!!!

Moitas grazas por representarnos tan ben!!!

Presentación do noso centro nos CEIPs por parte do alumnado de 1º ESO

Presentación en Casás e Menéndez 1 Presentación en Casás e Menéndez 2

Algúns dos nosos alumnos de 1º da ESO amosando o noso centro ós aumnos de 6º do CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo, cunha exposición en inglés preparada por eles mesmos, grazas á colaboración das respectivas profesoras de inglés: Teresa e Ánxeles.

Podedes ver as fotos que utilizaron na presentación premendo nesta ligazón. Os textos levábanos memorizados.

Solicitude de dirección de correo aos socios e socias

Dende a AMPA Leiras Pulpeiro, gustaríanos que a través do noso correo electrónico ampaleiras@gmail.com nos enviedes o voso correo persoal para así poder informarvos de calquera novidade, descontos e demais eventos que vaian xurdindo. Así mesmo podedes deixar alí as vosas suxerencias, dúbidas ou inquedanzas, que tentaremos solucionar.

Establecementos con descontos para socias e socios da AMPA

Denden a AMPA Leiras Pulpeiro, informámosvos de que hai uns días temos enviado o carnet de socios a todas as casas por correo postal.

Este carnet, que vos identifica como socios, pódese utilizar en distintos establecementos que se brindaron a facernos descontos para os asociados. De momento non son moitos, pero seguimos traballando para aumentar esta lista.

Preme na imaxe para acceder ao documento...

descontos AMPA 1 descontos AMPA 2

1ª COLOR RUN solidaria "DIVERSICORRE"

Tres entidades sociais (Alucem Lugo, As Quetas e ARELAS) están a organizar unhas carreiras/andainas para adult@s e nen@s polo centro da cidade de Lugo, para visibilizar a diversidade e concienciar sobre a Igualdade de Oportunidades, a 1ª COLOR RUN solidaria "DIVERSICORRE".

​​Será un acto onde haberá deporte, música, baile, agasallos e sobretodo cor, o vindeiro 21 de maio ás 18:00 h na Praza Maior de Lugo.

O participantes das carreiras/andainas deberán traer unha camiseta branca ou de cor clara para o lanzamento dos pós de cores e así facer unha preciosa foto- finish.

Para inscribirse debe entrar na web da Federación Galega de Atletismo http://www.carreirasgalegas.com/carreira/1-carreira-diversicorre-color-run/0f9e8049-a426-24cf-d139-39d78f213b61

 

3º Premio na II Olimpíada de tradución de textos clásicos

Na II Olimpíada de tradución de textos clásicos, cuxa entrega de premios tivo lugar o martes 3 de maio no salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC, a alumna de 2º de Bacharelato, Inés Blanco Méndez, obtivo o terceiro premio de tradución de textos latinos. Á proba, que tivo lugar o pasado 7 de abril, tamén se presentaron Paula Portela Cabana e Alejandro Sánchez Cela.

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android 

Durante a xornada, o alumnado de 1º de Bacharelato participou activamente nun itinerario mitolóxico polas rúas de Santiago e en diferentes obradoiros organizados pola SEEC de Galicia:

- Obradoiro de caligrafía: aprenderon a escribir con cálamos e tinta nun papiro, como facían os antigos gregos e románs.

Obradoiro de moda: vestíronse e pousaron coma modelos con vestimentas inspiradas na arte e na mitoloxía clásica.

Obradoiro de música:  reflexionaron sobre a importancia da música na sociedade grega, coñeceron os principais instrumentos empregados polos gregos, comentaron algúns mitos relacionados coa música (Hermes a a lira, Pan e o deus Apolo...) e escoitaron algunha audición dos escasos fragmentos que se conservan.

- Obradoiro de xogos tradicionais románs: xogaron á peonza (turbo), dados (alea), ao tres en raia (tabula lusoria), ao aro (orbis), ás tabas (talus) etc... e amosaron os seus coñacementos de cultura clásica completando o rosco de "pasa o denario", unha versión divertida do televisivo pasapalabra.

Uxía Senlle e Magín Blanco cantaron a Manuel María

O venres, 29 de abril, a cantante Uxía Senlle e o músico Magín Blanco estiveron no noso centro presentándonos as cancións do seu disco "Canta o cuco", nas que lles poñen música aos poemas de Manuel María. 

Podes ver o ben que o pasamos na reportaxe de BIBLIOLEIRAS.

  

Día Internacional da Danza

O venres 29 de abril, Día Internacional da Danza, o alumnado do centro bailou no corredor central. Tivemos bailes modernos, bailes rexionais e mesmo un tango. Podedes velos nas ligazóns que hai debaixo do vídeo.

 

Vídeo 1 Vídeo 3 Vídeo 5
Vídeo 2 Vídeo 4 Vídeo 6

 

Un día de cine

Charla cine 1

Charla cine 2

O pasado venres 22 de abril, os alumnos e alumnas de Bacharelato compartimos unha interesantísima charla con tres cineastas galegos de primeira liña:

Jorge Coira, recente Premio Goya 2016 á mellor montaxe por El desconocido, director de largometraxes como El año de la garrapata ou 18 comidas e de series tan coñecidas como Padre Casares, Terra de Miranda, Luci, El comisario ou Pelotas.

Araceli Gonda, guionista de series como Luci (da que é coautora), Terra de Miranda, Padre Casares, A vida por diante ou Pazo de familia. Colaborou no guión de 18 comidas, película que recibíu 7 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, incluído precisamente o de mellor guión.

Pepe Coira, que foi crítico cinematográfico e director do Centro Galego de Artes da Imaxe, profesor na Escola de Imaxe e Son e na Universidade da Coruña, guionista de programas de televisión como Extramuros ou Luces da cidade e Xefe de Desenvolvemento e Productor Executivo de Filmax TV.

Contáronnos como se crea unha largometraxe ou unha serie dende a idea xerminal que ten o guionista: a elaboración do guión, a preprodución, a rodaxe, a montaxe e toda a postprodución... Fixéronnos partícipes do seu amor polo cine, de cómo moitas veces o máis importante dun guión non son os diálogos, de como se descubren preciosos detalles cando se revisiona unha película...

Pasamos un rato fantástico escoitándoos e descubríronnos a súa profesión. Foron especialmente cercanos e familiares connosco... bueno, para algún alumno isto non é novidade ;)

Grazas por vir aos tres.

Distribuir contido


by Dr. Radut