A decisión colectiva de non asistencia a clase para participar nunha folga tan só pode ser tomada polo alumnado a partir do 3º curso da ESO.
En consecuencia, o alumnado de 1º e 2º curso da ESO non poderá tomar decisións colectivas con respecto á asistencia á clase e/ou á participación nunha folga. Tan só poderá sumarse á folga a título individual coa autorización expresa do pai/nai ou titor/a legal.
A non asistencia a clase do alumnado como consecuencia da participación nunha folga legalmente autorizada e sempre que se siga o protocolo establecido polo centro, terá a consideración de “falta xustificada”.
Para sumarse a folga a título individual, os titores legais deberán cubrir o seguinte impreso: