Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

FOLGA DE TRANSPORTE

HOXE MARTES E MAÑÁ MÉRCORES 21 NON HAI TRANSPORTE ESCOLAR DEBIDO Á FOLGA CONVOCADA NO SECTOR.

AVISO URXENTE: EXCURSIÓN AO COUREL

DEBIDO Á FOLGA DE TRANSPORTE CONVOCADA EN GALICIA, NON TEMOS GARANTIDO O SERVICIO DE AUTOBÚS O DÍA 21, POLO QUE CONVOCAMOS A UNHA REUNIÓN URXENTE HOXE, DÍA 20 ÁS 20,00 HORAS,  AOS PAIS DOS ALUMNOS AFECTADOS CÓ OBXECTIVO DE PODER ORGANIZAR VARIOS COCHES PARA PODER LEVAR AOS RAPACES A SEOANE DO COUREL, NO CASO DE QUE O AUTOBÚS NON APAREZA

FIN DE CURSO

AVISO IMPORTANTE. O CURSO REMATARÁ O VINDEIRO 23 DE XUÑO.

NESE DÍA AS CLASES REMATAN ÁS 12,45 . O TRANSPORTE ESCOLAR PASARÁ A ESA HORA A RECOLLER AO ALUMNADO.

Convocatoria do Fondo de Libros

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula o Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2017-18.

 

Podes ver unha páxina resume en PDF no adxunto ó final na noticia.

 

A páxina da xunta coa información é esta: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

DÍA NON LECTIVO, 2 DE MAIO

O vindeiro martes 2 de maio é o día escollido polo noso centro como día non lectivo. 

DÍA NON LECTIVO, 2 DE MAIO

O vindeiro martes 2 de maio é o día escollido polo noso centro como día non lectivo. Polo tanto disfrutaremos dunha pònte de catro días.

O IES Leiras Pulpeiro, primeiro instituto de Lugo que conta cun desfibrilador

Unha vez más queremos reiterar o noso agradecemento a ANPA do IES Leiras Pulpeiro polo gran traballo realizado.

Podedes ver o artigo da Voz de Galicia no seguinte enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2017/04/19/leiras-pulpeiro-primer-instituto-lugo-cuenta-desfibrilador/00031492547470157939225.htm

VIAXE DE PROMOCIÓN DE 4º DA ESO A ITALIA

Os alumnos de 4º de ESO puideron disfrutar dunha inesquecible semana en Roma na que visitaron numerosos monumentos da Cidade Eterna, camiñaron polas súas prazas e tamén probaron a súa gastronomía. Tamén fixeron unha excursión a Nápoles e Pompeia.

Pincha na foto para ver todo o álbum

 

Día do autismo

A semana pasada fixemos varios traballos para conmemorar o día do autismo:

  • Na biblioteca houbo exposición de libros sobre o tema
  • Durante toda a semana houbo un obradoiro de lazos solidarios durante o recreo
  • O venres 31, vestidos de azul, repartíronse os lazos entre toda a comunidade educativa.

 

No blog da biblioteca podedes ver toda a reportaxe:

biblioleiras.blogspot.com

 

 

Campionato Escolar Provincial de Orientación

O mércores 15 de marzo, 51 alumnos do noso centro participaron no Campionato Provincial de Orientación que se celebrou no Parque Rosalía de Castro. Os nosos deportistas participaron xunto a outros 400 alumnos procedentes de centros de toda a provincia. A maioría dos participantes remataron o percorrido e algúns deles acadaron posicións de podium.

1º cadete masculino: Javier López de 3º ESO A
1º infantil masculino: Aitor Fernández de 2º ESO B
2º infantil masculino: Ángel Pascual de 2º ESO C

 

Resultados completos cadetes

Resultados completos infantiles

 

Distribuir contido


by Dr. Radut