Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

PROXECTO ERASMUS+

Ao Leiras Pulpeiro lle foi concedido,por primeira vez na súa historia, un proxecto Erasmus + KA 101, de formación de profesorado. Agardamos sexa o primeiro de moitos e que nos axude a internacionalizar e mellorar o noso centro.

DÍA NON LECTIVO

O día 18 de maio é o día non lectivo elixido polo centro. Polo tanto haberá ponte desde o 17 ao 20 de maio.

Entrevista Camiño de Santiago

Alumnas de 4ºESO entrevistan a José Antonio e alumnado de 1ºBAC sobre o Camiño de Santiago. É unha actividade do proxecto eTwinning.

 

 

Entrevista Camino de Santiago para eTwinning from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

CARREIRA SOLIDARIA

O vindeiro 4 de maio o IES Leiras Pulpeiro organiza unha carreira solitaria para recadar fondos dentro da campaña Gotas para Níxer, patrocinada por UNICEF. Participará o alumnado de 3º da ESO pero todos os que desexedes, podedes colaborar con eles.

Campionato provincial de deporte de orientación

O noso instituto participou un ano máis no Campionato provincial escolar de Orientación. 39 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO acudiron o día 1 de marzo e competiron con escolares da provincia de Lugo. Nesta ocasión, a carreira tivo lugar na zona de Frigsa, estrenando novo mapa. A organización correu a cargo da sección de Orientación do Clube Fluvial de Lugo.
Felicitamos a todos e todas as participantes pola súa ilusión e deportividade, e destacamos, nun plano máis competitivo, os resultados acadados por algúns dos nosos alumnos e alumnas:

María Bouza Fernández proclamouse subcampioa provincial en categoría cadete feminina Nicolás Núñez Castro obtivo un magnífico 3º posto na categoría cadete masculina.

Ademáis, os seguintes alumnos e alumnas clasificáronse directamente para o Campionato Autonómico:

Iria Vila Pozo (6º), Area Loureiro Villasante (7º), Rocío Fernández Cordero (9º), Brais Piñeiro Lozano (4º), Javier López González (7º) e Manuel Veiga Couñago (10ª).
Alicia Illán (11º), Jimena García (13º), David López (12º) e Brais Telmo (15º) fixeron tamén moi boas carreiras, pero terán que esperar alguna vacante.

NORABOA A TODAS E TODOS!!!!!!!

Noa Lorenzo Otero gaña o segundo premio “Entre iguais”

A alumna de 4º ESO, Noa Lorenzo Otero, acadou o 2º premio no concurso literario “ENTRE IGUAIS” convocado polo Concello de Lugo.

Máis información no blog do Equipo de Dinamización Lingüística:

http://eunfalar.blogaliza.org/2018/02/28/premio-entre-iguais/

Transporte pola neve

Hoxe mércores ás 14:00, as liñas de bus funcionarán con normalidade.

Desfile de Entroido 2018

Títulos BAC promoción 2016

Xa están na secretaría do centro os títulos de BAC da promoción do ano 2016.

Podedes vir recollelos en horario de oficina a partir do xoves 15 de febreiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut