Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Monográfico Mike Oldfield (Radio Leiras, 20-02-2020)

Monográfico de Mike Oldfield para a materia Imaxe e Son de 2ºBAC

 
Direccion: Xabier Díaz
Locutor: Xabier Díaz
Control: Pedro Mera, Adrián Vázquez
Fondos musicais e gravación: Roi Martínez

 

Conexión cos institutos de Lugo, Valença do Minho, Toulousse e Todi

Conexión internacional cos institutos de Todi, Valença e Toulousse o día 10-2-2020.

Os rapaces preguntan a José Antonio dúbidas sobre o Camiño de Santiago.

 

   

 
Direccion: Nuria Castelo
Locutor: José Antonio
Colaboradores: alumnado erasmus de 1º BAC
Conexiones: Valença, Toulousse, Todi
Control: Xabier Díaz

 

Bo Nadal

Bo Nadal de parte dos profes de Física e Química.

A árbore de disolucións, elementos químicos e leds foi obra de Carmen Meilán.

Que bonitaaaaaaa!!!

Observación ceo co telescopio

Mañá xoves a partir das 18:30 sacaremos o telescopio ao patio para a observación de Venus, Saturno, a lúa e a galaxia de Andrómeda.

 

E isto foi o que vimos:

Lúa Andrómeda Saturno

 

Visita CiQUS de alumnado de química de 2ºBAC

Os alumnos do IES Leiras Pulpeiro que cursan a materia de Química de 2º BAC visitaron,  en Santiago de Compostela  o pasado luns 18 de novembro, o Centro Singular de Investigación de Química Biolóxica (CiQUS), acompañados dos seus profesores Belén Villar e José Manuel Traseira.

Os alumnos realizaron o seguinte programa, supervisado polos investigadores do centro: liñas de investigación do CiQUS, equipos  de  instrumentación científica (RMN, cromatografía de gases e líquidos, espectómetros de masas e IR, …), taller de experimentos e demostracións químicas e físicas, ponencia da Química como profesión de futuro e,  finalmente,  os alumnos fixeron eles mismos  no laboratorio unha síntese  dun medicamento: o paracetamol.

A visita, aínda que moi condensada no tempo, resultou moi proveitosa para os alumnos, que se achegaron ao coñecemento da investigación en Química.

Máis fotos aquí: https://photos.app.goo.gl/Ai2rrWs6VytK1SR26

Enquisa planificación lingüística 2019

Ligazón para que o alumnado cubra a enquisa de planificación lingüística:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSegaD1ceb-ezCtrQgtJO9msyTRYoDUZtRaKUcxZVbXzhFgQ0Q/viewform?vc=0&c=0&w=1

Visita profesores Erasmus+ (14-10-2019)

Taller de radio con profesores Erasmus+ en las jornadas de Lugo, o día 14-10-2019

 
Direccion: Xabier Díaz
Locutora: Nuria Castelo
Invitados: Concetta, Xosé, Maite
Mezclador: Xabier Díaz

 

Convocatoria de becas BAC

A solicitude de becas para bacharelato comezou o 1 de agosto e finaliza o 1 de outubro.

Débea facer cada alumno a títutlo individual na páxina do  MECD:

http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2019-2020/estudios-no-universitarios.html

 

A secretaría do centro non fai ningún trámite.

Folga do día 27

O vindeiro venres 27 de setembro o sindicato estudiantil Erguer convoca una folga estudiantil contra a explotación colonial do noso medio natural. Dado que aínda non está constituida a Xunta de Delegados, e non é posible seguir o procedemento establecido nas NOF, que inclúe a toma de decisión de secundar a folga en asamblea só por parte do alumnado a partir de 3º da ESO, no caso de que queiran secundar esta convocatoria de folga deberán cumprimentar o Anexo III, onde farán constar a súa decisión de forma individual.

Este anexo terán que descargalo, cumprimentar  e asinar o alumnado e o/a pai/nai ou titores legais para posteriormente entregar na dirección do centro o día anterior ao día da folga.

Recordamos que no caso de que as familias do alumnado de 1º e 2º da ESO desexen secundar a folga, deberán entregar persoalmente na dirección do centro, ben os/as país/nais ou titores legais o antedito anexo debidamente cumprimentado.

ANEXO III

CALENDARIO DE SETEMBRO

ADXÚNTASE O CALENDARIO DE PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO DE 2019

 

Distribuir contido


by Dr. Radut