Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Proba de fotografía en Imaxe e Son

Pulsa na foto para tela en calidade máxima

Si me voy

Bo Nadal

Videoconferencia no Leiras

O xoves día 12 de novembro contactamos con Gloria González dende Italia, e o luns 16 de novembro con Iria González-Dopeso dende Francia.

Ciencia no Leiras

O xoves día 12 de novembro e o luns 16 de novembro, desde a materia de Aprendendo a facer Ciencia e Cultura Científica de 1º BAC, teremos a oportunidade de contactar con Gloria González Fortes e Iria González-Dopeso Reyes, dúas científicas que nos achegarán a súa carreira investigadora desde Italia e Francia, respectivamente.

   Gloria González naceu en Pontevedra, é xenetista, traballa na Universidade de Ferrara, como investigadora e profesora de xenética. Ocúpase da análise xenética de restos antigos, paleontolóxicos (por exemplo, do oso das cavernas, como especie extinta) e arqueolóxicos (restos humanos antigos, desde 37000 a 9000 anos de antigüidade, pero tamén algúns máis recentes, como os de Ricardo III, duns 500 anos).Perfil investigador:
https://www.researchgate.net/profile/Gloria_Fortes
Prehistoria:
https://elpais.com/espana/galicia/2020-08-29/la-primera-mujer-del-mesolitico-estudiada-en-espana-era-de-piel-negra.html
Ricardo III:
https://www.bbc.com/news/uk-england-leicestershire-21063882
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2015/07/19/genetista-pontevedresa-identifico-polemicos-restos-rey-ricardo-iii/0003_201507P19C2991.htm
Oso das cavernas:
https://www.nature.com/articles/536376b
https://www.gciencia.com/ciencia/os-osos-cavernarios-eran-fieis-ao-seu-fogar-natal
   Iria González-Dopeso naceu en Santiago de Compostela, aínda que se criou en Lugo principalmente, ata que comezou a estudar na Universidade cando se tivo que marchar. A súa especialidade é a Bioloxia Celular, Histoloxía e Neuroanatomía e a súa tese realizouna sobre o Sistema Nervioso, o que a conectou á Neurociencia ata a día de hoxe. Actualmente está no Instituto de Xenética Molecular de Montpellier en Francia, e nun laboratorio de viroloxía. Alí investiga sobre como mellorar os vectores virais para aplicar a terapia xénica a curar doenzas no cerebro.

https://orcid.org/0000-0003-1866-6305

 

 

Actuación en caso de contacto COVID

Cando recibimos noticia de que un alumno é positivo por COVID, faráselle a proba PCR aos seus contactos (profes e compañeiros).

En primeiro lugar recibirán unha chamada de aviso do SERGAS para concertar cita e facer a proba PCR.

Dende que reciban a chamada e ata que o resultado sexa positivo ou negativo, nós non temos potestade para decidir se deben quedar en casa ou acudir ao instituto. Esta orde ten que vir de Sanidade. Podedes preguntar directamente cando recibades a chamada, ou ben chamar ao centro de saúde da Milagrosa.

Zonas de entrada e circulación interior

 

 

ENTRADAS E SAÍDAS POR GRUPOS

PORTA A: 2º ESO E 3º ESO
PORTA B: 1º ESO, 4º ESO E 1º BAC
PORTA XARDÍN: 2º BAC
Para as portas exteriores do recinto, hai tamén asignacións por letras: porta pequena: 2º BAC, portalón barrotes é A e portalón entrada patios B

HORARIO DE PRESENTACIÓNS CURSO 2020-2021 (RECTIFICADO CÓ RESPECTO AO DO DÍA 18)

HORARIO DE PRESENTACIÓNS NO SALÓN DE ACTOS

ACCESO POLO XARDÍN LATERAL

Importante: Este ano pola adaptación ás normas sanitarias, queda prohibido o acceso de pais,nais ou titores ao centro nos días das presentación DE ALUMNADO

Non se lles dará aos alumnos un horario impreso polo que deben traer bolígrafo e papel.

DÍA  23

HORARIO

GRUPOS 1ºESO, 2 ESO E  1º DE BAC

 

10:00

1º BAC

 

10:30

2º ESO APELIDOS ABEL-LEMOS

 

11:00

2º ESO APELIDOS LÓPEZ-YAÑEZ

 

11.30

1º ESO  APELIDOS  AMARELO-LÓPEZ FERREIRA

 

12:00

1º ESO APELIDOS LÓPEZ FRANCO-YÁÑEZ

DÍA 24

HORARIO

GRUPOS 3ESO , 2º BAC

 

9:30

3º ESO  ADÁN-LAGE

 

10:00

3º ESO APELIDOS  LAMAS-VÁZQUEZ

 

11:00

2º BAC 

DÍA 25

HORARIO

GRUPO 4º ESO

 

10:00

4ºESO APELIDOS AGUDELO-IGLESIAS

 

10:30

4º ESO APELIDOS ILLÁN-VILAR

 

Presentación cos pais, nais de 1º ESO  o día 23 á tarde. SÓ PODE ASISTIR UN MEMBRO POR FAMILIA.

horario

grupos

16:30

1º ESO A

16:30

1º ESO B

17:30

1º ESO C

17:30

1º ESO D

18:30

1º ESO E

SUPRESIÓN DOS AGRUPAMENTOS ESPECÍFICOS

Este curso, por primeira vez desde hai moitos anos, o noso centro non poderá ofertar os agrupamentos específicos para a ESO. Estes agrupamentos tiñan como obxecto darlle aos alumnos con máis dificultades unha atención máis persoalizada, reducindo así en gran medida o fracaso escolar.

Dada a excepcional situación que temos que afrontar, a pesar de dispoñer das aulas que estes anos se destinaron aos agrupamentos específicos, vémonos na obriga de suprimilos ante a falta de dotación de profesorado.

Correo electrónico de alumnado

Ante a posibilidade de que se nun futuro próximo se confine o centro, un grupo ou un alumno, precisamos ter o correo electrónico de todo o alumnado. É tamén o requisito para usar a aula virtual do centro e recibir notificacións.

Tecnicamente, o alumnado menor de 14 anos non debería ter correo electrónico, pero sería desexable. Por tanto, pregamos que se comunique un correo para todo o alumnado de 1º ESO. Se non é persoal, polo menos que sexa o dun representante legal.

Para comunicalo, poden cubrir o seguinte formulario:

http://iesleiraspulpeiro.es/scripts/recollida_datos_alu.php

Distribuir contido


by Dr. Radut